Estás en:Novas

A Deputación e Agalure organizan unha xornada sobre a adicción aos videoxogos

A Deputación da Coruña e AGALURE tentan poñer o foco nun uso racional das novas tecnoloxías e no perigo real do abuso nos videoxogos

Profesionais como Antonio Rial Boubeta, Daniel Loren, Ana Estévez e Ramón Peña participarán o vindeiro venres na Sala Juanjo Gallo

A Deputación e Agalure organizan unha xornada sobre a adicción aos videoxogos

A Deputación da Coruña organiza xunto a AGALURE a xornada "Videoxogos como adicción. Como detectar, tratar e previr a adicción os videoxogos", que terá lugar este venres, 20 de xaneiro, na sala Juanjo Gallo da sede central do organismo provincial.

A Deputación da Coruña e AGALURE tentan poñer o foco nun uso racional das novas tecnoloxías e no perigo real do abuso nos videoxogos. Cada ano aumentan os casos de menores que pasan moitas horas diante dunha pantalla polo que este tipo de accións deben servir para visibilizar o problema e poñer as ferramentas necesarias para previlo e abordalo.

Neste caso serán os profesionais os que porán sobre a mesa as claves para tratar de reducir o impacto negativo que está a ter entre a mocidade.

Ás 10.00 horas terá lugar a presentación das xornadas e o relatorio de Daniel Loren, gamer e experto en videoxogos, que expoñerá o "Rumbo á adición e o estado actual da industria do videoxogo e a súa influencia no usuario".

Sobre ás 11.00 horas comezará o relatorio de Ana Estévez, profesora do departamento de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicológico da Universidade de Deusto, que explicará "A fronteira entre o trastorno de azar e a adicción aos videoxogos". Tras unha pausa para o xantar, Ramón Peña, formador do Plan Director da Garda Civil de Lugo, comezará a súa exposición sobre a historia e prevención destas novas adiccións.

E finalmente, Antonio Rial Boubeta, doutor en Psicoloxía Social e profesor da área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da USC, falará do "impacto das TRIC na adolescencia".

A Deputación da Coruña puxo en marcha iniciativas nos últimos anos, conxuntamente con AGALURE, para abordar as adiccións sen substancia coma a dos xogos de azar tratando de chegar directamente ao público obxectivo, á mocidade, a través de charlas en centros educativos e das canles de comunicación que máis empregan.

A adicción aos videoxogos afecta a menores na súa grande medida e o tempo de latencia para adquirir a dependencia é moi inferior que no pasado