Candidatura aos premios Max de artes escénicas
Parabéns á nosa compañeira e mestra do Conservatorio Profesional de danza Inés Vieites, pola súa candidatura aos Premios Max de artes escénicas.
Un tribunal formado polos tres presidentes dos xurados territoriais e catro personalidades das Artes Escénicas serán os encargados de elixir os finalistas
Inés Vietes, bailarina coruñesa da compañía Nova Galega de Danza, foi seleccionados entre 529 participantes como candidata a mellor intérprete feminina nos Premios Max das Artes Escénicas. A artista exerce como profesora de danza clásica no Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña.
Os galardóns serán entregados o 17 de abril no Gran Teatro Falla de Cádiz.