Estás en:Novas

A Deputación edita un libro compilando a historia das fábricas de gaseosas da provincia desde o século XIX

O autor da obra é o presidente da asociación Gaseosas de Galicia, Juan Carlos Villar Angériz

O libro repasa a historia das principais marcas locais de gasesoas nas diferentes comarcas da provincia

A Deputación edita un libro compilando a historia das fábricas de gaseosas da provincia desde o século XIX

A Deputación da Coruña publica o libro "Apuntes sobre a gasosa na provincia da Coruña", unha obra do presidente da asociación Gaseosas de Galicia, Juan Carlos Villar Angériz, que pretende recuperar e dar a coñecer a historia desta industria nas diferentes comarcas da provincia .

Na publicación lévase a cabo unha reconstrución da historia da fabricación de bebidas gasosas desde o século XIX ata a década dos ano 80, apuntando un enfoque etnográfico e etnolóxico. Un percorrido pola historia de factorías, envases e marcas comerciais de outrora, moitas xa desaparecidas, pero que aínda están presentes na memoria de moitos coruñeses.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destaca no prólogo o papel que xoga a Deputación da Coruña na elaboración deste tipo de edicións, que pretenden preservar a historia da provincia, neste caso a través desas pequenas empresas locais produtoras de gasosas que forman parte da historia de tantas vilas, fabricando bebidas que acompañaron as comidas familiares durante moitos anos.

Gaseosas Obelisco, Chenu, El Hogar, La Deliciosa, Galán, La Barrosa, Los 15 Hermanos, Gasesosas La Salud, La Pilarica, La Bergantiñana, Xeitosa, La Moderna-Junquera, Gaseosas Suárez, Feijoo, Espiña, La Pitusa ou Rianxeira son algunhas das marcas cuxa historia se repasa detalladamente neste libro, que recolle verdadeiras antigüidades do mundo das gasosas que se despachaban a diario en bares, ultramarinos e pequenos distribuidores e cuxa fabricación supuxo unha pequena revolución industrial no ámbito rural no que case cada pobo tiña a súa fábrica de gasosas.