Estás en:Novas

Programa de lecturas no EBIBLIODACORUNACLUB

EbiblioDaCoruna Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán como de autores galegos, tendo en conta a actualidade, intereses e gustos dos participantes. É un club virtual de lectura da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña dirixido a todas as persoas lectoras usuarias das bibliotecas municipais da provincia da Coruña.

Programa de lecturas no EBIBLIODACORUNACLUB

Presentamos o programa de lecturas para os meses de febreiro a xuño de 2023, con títulos pensados para a conmemoración do Día da Muller, o Día da Poesía, o Día das Letras Galegas, a conmemoración da última Premio Nobel de Literatura, etc. Agardamos que vos guste!

Para poder formar parte deste club de lectura virtual é preciso primeiro formar parte da biblioteca dixital EbiblioDaCoruna que é a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para todas as bibliotecas públicas e municipais da provincia da Coruña. Podes solicitar a túa alta de balde premendo aquí.

Pertencer ao club lector non ten ningún custo, e está aberto a que poidas usalo as 24 horas do día os 365 días do ano.

Programa de lecturas febreiro - xuño 2023

    • 28 febreiro - 14 de marzo: "Pura pasión" de Annie Ernaux
    • 8 marzo - 24 marzo: "Ninguén morreu de ler poesía" de Aldaolado
    • 16 marzo - 20 abril: "Herejes" de Leonardo Padura
    • 24 abril - 19 maio: "Francisco Fernández del Riego: vida e obra dun obreiro do galeguismo" de Ramón Nicolás
    • 16 maio - 2 xuño: "Corazón que ríe, corazón que llora" de Marysé Condé
    • 30 maio - 30 xuño: "Un señor elegante" de Suso de Toro

Desde o propio club de lectura dixital podes prestar o libro e comentar, citar ou chatear co resto de participantes.
1. Entra no CLUB DE LECTURA DIXITAL  https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es
2. Identifícate coas claves da EBiblioDaCoruna
3. Entra na sala correspondente ("Arredor dos libros" dedicado a escritores galegos, e "Compartiendo lecturas", no que se percorren libros de variada temática e de actualidade en castelán).
4. Presta o libro dentro do apartado Contido.
5. Desfruta da lectura e comenta e comparte cos teus compañeiros e compañeiras.

Se tes dúbidas ou non coñeces o EbiblioDaCorunaClub tes toda a info neste apartado da web ao que podes acceder premendo aquí.