Estás en:Biblioteca E-biblioteca eBiblioDaCoruna Club Lector

eBiblioDaCoruna Club Lector

IM_banners_club_lectura_relanzamiento_diputacion_coruna_20240415.jpg

Qué e eBiblioDaCoruna Club Lector

eBiblioDaCoruna Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán como de autoras e autores galegos, tendo en conta a actualidade, intereses e gustos dos participantes. É un club virtual de lectura da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña dirixido a todas as persoas usuarias das bibliotecas municipais da provincia da Coruña, e da propia Biblioteca da Deputación.


Para poder formar parte deste club de lectura virtual é preciso primero formar parte da biblioteca dixital eBiblioDaCoruna que é a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para todas as bibliotecas públicas municipais da provincia da Coruña.


Pertencer ao club lector non ten ningún custo, e está aberto a que podas usalo as 24 horas do día os 365 días do ano.


O club divídese en dúas salas, "Arredor dos libros" dedicado a escritores galegos, e "Compartiendo lecturas", no que se percorren libros de variada temática e de actualidade en castelán.


Está moderado por una persoa cualificada en lingua e literatura e co soporte técnico e dinamización do persoal da Biblioteca da Deputación.

Como acceder

Para acceder só precisas cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar dado/a de alta na plataforma de préstamo dixital eBibliodaCoruna. Date de alta, de balde,  aquí 
  • Ter un dispositivo para ler con acceso á Internet: móbil, ordenador, tableta...

Se as cumpres, podes entrar no club lector  dende o teu dispositivo.


Identifícate coas túas claves da EbibliodaCoruna no apartado "Iniciar sesión".


Se non lembras o teu contrasinal, podes recuperalo dende o apartado de "Iniciar sesión " (debaixo da caixa para introducir o teu usuario e contrasinal).


As persoas que usan a app da eBiblioDaCoruna tamén teñen un acceso directo dentro da área de usuario "Club de lectura e espazo de aprendizaxe" que conecta directamente co eBiblioDaCoruna Club.


Unha vez dentro, se queres cambiar o nome co que te identificas para as demais persoas participantes no club, podes facelo premendo no teu nome (arriba á dereita da pantalla), e logo en "Axustes". Aí podes cambiar o nome co que participas no club e a imaxe, se o desexas.

Como participar e que podes facer

Na páxina de inicio tes as dúas salas de lectura dispoñibles, coa portada dos últimos libros que se leron ou se están lendo. Debaixo de cada un dos clubs tes un botón de "Seguir". Elixe aquel que queiras seguir e preme en «Seguir».

Automáticamente aparecerá «Abandonar club». Que teñas esta opción indica que xa estás dentro. Este paso só o tes que facer a primeira vez que te unes, porque xa quedas «anotado/a» para sempre.

Agora preme na portada do libro, e xa entrarás directamente ao club.

Explicamos as pestanas das que consta cada club:

  • Pestana Información

Nesta pestana de información atoparás unha rápida descrición da sala de lectura na que te atopes e a programación de lecturas para o período en vigor. Ademais, tamén tes o contacto para facernos chegar as túas dúbidas respecto ao funcionamento da plataforma.

  • Pestana Actividade

Nesta pestana, que só é informativa, atoparás un resumo de toda a actividade que tivo o club, nunha liña temporal: comentarios, participación no chat, fitos temporais que estableza a moderadora, etc. Podes elixir ver a actividade de todo o club, ou ben dunha lectura en concreto, seleccionando no despregable.

  • Pestana Contido

Na pestana de Contido podes ver a descrición do libro que se está lendo nese momento no club, as datas fixadas para rematar cada capítulo (son orientativas), o encontro programado co autor ou autora de ser o caso, e podes prestar o libro desde o botón habilitado para o efecto. Isto só é necesario se queres un exemplar do libro dixital que che proporcionamos. Se o vas ler nun exemplar que ti xa teñas ou en papel, non é necesario que o collas en préstamo.


Unha vez que o colla prestado, tes a opción de "Ler" (en liña) ou "Descargar" (para descargalo no teu dispositivo e ler sen conexión a Internet). En adiante, a lectura sincronízase coa eBiblioDaCoruna, polo que cando queiras ler este libro podes facelo de varias maneiras: entrando na páxina web do Club, ou ben na páxina web da eBiblioDaCoruna, ou ben na App eBiblioDaCoruna se a tes instalada nos teus dispositivos.

Á dereita tes un histórico onde podes ver todos os libros que xa lemos nesta sala de lectura.

  • Pestana Foro

Aquí a persoa que modera o club abrirá diferentes conversas ou fíos. Desde esta pestana podes ver todos os fíos que abreu sobre a lectura, e se premes en cada fío podes ler as respostas das persoas participantes e participar ti tamén deixando a túa achega. É o lugar no que se debate sobre o libro. 

  • Pestana Citas

Nesta pestana podes engadir citas do libro que che parezan interesantes. Para facelo, debes ter o libro dixital prestado e lelo desde o propio club. Cando estés lendo no teu dispositivo, selecciona a frase que queiras compartir. Automáticamente vaiche saír a opción de "Compartir". Podes compartir só a cita, ou engadir un comentario persoal de por qué compartes esa cita, qué che transmite, etc.

Tamén verás as citas que comparten o resto de participantes na sala.

  • Pestana Chat

Nesta pestana pódese conversar de xeito informal con todas as persoas participantes, ou ben con unha en concreto. Habitualmente úsase para comentar cuestións á marxe dos fíos que a moderadora abre na pestana "Foro". Recomendacións doutras lecturas, experiencias con outras obras similares ou da mesma autoría, saudar, compartir dúbidas... Todo aquilo que teña que ver co club e che apeteza compartir co resto de lectores.

  • Pestana Estatísticas

Nesta pestana poderás controlar a porcentaxe que levas lida do libro e o tempo investido na lectura, sempre e cando esteas a ler o libro dixital.

  • Pestana sobre o autor ou autora

A persoa que modera o club de lectura sempre engade unha pestana con información adicional sobre a lectura e o autor ou autora, información que axuda a situar o libro na súa traxectoria vital e literaria, no seu contexto histórico, e achega datos relacionados que afondan no coñecemento sobre a obra que estamos a ler.

Lecturas programadas

Programación do club de lectura para o periodo xaneiro-xuño 2024:

Sala Compartiendo lecturas:

3 de octubre -24 de octubre: "La metamorfosis" de Franz Kafka
31 de octubre -27 de noviembre: "La tía Julia y el escribidor" de Mario Vargas Llosa
12 al 20 de diciembre: "Dos cuentos de Navidad" de Fiodor Dostoievski"

Sala Arredor dos libros:

21 de outubro ao 4 de novembro: "Sonata de outono" de Ramón Mª del Valle-Inclán
28 de novembro ao 19 de decembro: "Resistencia" de Rosa Aneiros

Dinamización

ENCONTRO DIXITAL DE FIN DE LECTURA

Encontro Kafka.png

ENCONTRO DIXITAL CON ISMAEL RAMOS

Encontro virtual Ismael .png

Manuel Rivas fala para EbiblioDaCoruna Club Lector animándonos a todos a participar, xa que compartir as nosas lecturas é compartir os nosos soños:

 

Pedro Feijoo fala para EbiblioDaCoruna Club Lector agradecendo o interese pola literatura:

 

María Canosa fala para EbiblioDaCoruna Club Lector sobre a literatura e a lectura:

 

Antón Riveiro Coello dedica unhas palabras agarimosas ao Club EbiblioDaCoruna:

 

 

Presentación do EbibliodaCoruna Club Lector

Contacto co Club eBiblioDaCoruna

O eBiblioDaCoruna Club está xestionado pola Biblioteca Provincial da  Deputación da Coruña .
Na rede podes atopala no enderezo https://ebiblioclub.dacoruna.gal/
Fisicamente encóntrase localizada en R/ Riego de Agua 37, 15001 na Coruña.
Para dúbidas ou consultas sobre o funcionamento podes contactar con nós no enderezo electrónico biblioteca.info@dacoruna.gal e tamén no teléfono 981 080 176 en horario de apertura da Biblioteca.