Estás en:Novas

Curso de Lego WeDo 2023

WeDo é a plataforma educativa máis sorprendente e divertida para iniciarse na robótica e na programación. Os kits teñen máis de 150 pezas, un motor, un sensor de inclinación e outro de distancia, proporcionándonos miles de horas de diversión e aprendizaxe.

Curso de Lego WeDo 2023

Dirixido a nenos e nenas de 7 e 8 anos
HORARIO: de 10:30 a 12:00 h
LUGAR: Sala Infantil e Xuvenil
PRAZAS: 12
DATA DE INSCRICIÓN: Comeza o 6 de marzo

DATAS DO CURSO: Os sábados:
• 11, 18 e 25 de marzo
• 1, 15 e 22 de abril
• 6, 13, 20 e 27 de maio

Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca/actividades premendo en Inscrición nas actividades TIC e elixindo o curso correspondente (teña o carné da biblioteca actualizado a man).


A páxina para inscribirse ás actividades activarase o 6 de marzo ás 10:30 h da mañá.
Nuns días publicarase na páxina web a listaxe cos números das persoas socias admitidas na actividade: www.dacoruna.gal/biblioteca/actividades#Infancia+e+mocidade

Reservarase unha praza por neno ou nena (agás irmáns).
Terán preferencia os nenos/as que non realizasen anteriormente o taller.
Os cursos son totalmente gratuítos.
Para calquera dúbida, chame ao 981 080 171 ou escriba a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal.

Descargar programa de Cursos de Robótica 2023