Estás en:Novas

A Deputación da Coruña entrega un novo vehículo e material de adestramento ao Club de Piragüismo Rías Baixas de Boiro

Valentín González Formoso e José Ramón Romero visitaron a sede do club, onde adestran 150 rapaces e rapazas do municipio

O ximnasio conta con máquinas de adestramento adquiridas tamén con axudas da Deputación

A Deputación da Coruña entrega un novo vehículo e material de adestramento ao Club de Piragüismo Rías Baixas de Boiro

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, visitaron a sede do Club de piragüismo Rías Baixas de Boiro, onde entregaron un novo vehículo para facilitar os desprazamentos dos deportistas ás competicións e adestramentos.
A Deputación financiou o 80% do total da adquisición deste vehículo, cunha achega de 25.000 euros.
Segundo explicou Formoso, A Deputación leva entregados 19 vehículos durante esta lexislatura, cunha achega total de 350.000 euros, distribuídos entre asociacións de remo, piragüismo, vela, salvamento e socorrismo.
Ademais, no ano 2021 a Deputación concedeulle á Asociación unha axuda de 5.250 euros para adquirir distinto material para o ximnasio como un banco de remo, un kaiak, un ergómetro ou pesas.
O club de piragüismo vai ver ampliado a súa nave grazas a unha actuación financiada con fondos do Plan Único, cun orzamento de 65.410 euros. O proxecto inclúe a construción dun módulo de 60 m² para acoller embarcacións de máis eslora.