Estás en:Novas

Xornada da Deputación da Coruña "A lei de contratos do sector público cinco anos despois"

A Deputación Provincial da Coruña está a organizar a xornada "A lei de contratos do sector público cinco anos despois. A importancia da contratación pública como motor da economía" que será impartida por profesores de Universidade, especialistas en contratación, interventores e secretarios de administración local e representantes de diversos organismos (OIRESCON, TACGAL, Xunta consultiva de contratación pública de Galicia) así como representantes de asociacións de empresarios e colexios profesionais, e persoal da función pública relacionado coa materia.

A xornada celebrarase o día 13 de marzo de 2023 no Teatro Colón, está aberta a persoal das administracións públicas, cargos electos, arquitectos/as, enxeñeiros/as, avogados/as, economistas, empresarios/as, estudantes, opositores e persoas interesadas en xeral, e é gratuíta previa inscrición.