Xornada "A lei de contratos do sector público cinco anos despois"
Luns, 13/03/2023
Teatro Colón (A Coruña)
Organiza : DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA - Área de Contratación e Patrimonio
Destinatarios: Persoal das administracións públicas, cargos electos, arquitectos, enxeñeiros, abogados, economistas, empresarios, estudantes, opositores e persoas interesadas en xeral
Inscrición gratuíta
Transcorreron cinco anos desde que o 9 de marzo de 2018 entrase en vigor a Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público. A Deputación provincial da Coruña pretende nesta xornada analizar a experiencia derivada da súa aplicación e reflexionar sobre os seus aspectos positivos pero tamén sobre aquelas cuestións que poidan ser obxecto de mellora, considerando a importancia que ten a contratación Pública como instrumento de dinamización da economía, a creación de emprego e a utilización dos criterios ambientais, sociais e éticos no marco da contratación estratéxica.
PONENCIAS:
- Unha contratación xusta para un emprego de calidade (Diego Vázquez Reino)
- Cómo facilitar a participación das pemes na contratación pública (Patricia Sabín Díaz)
- Como mellorar a contratación pública: dixitalización, datos e intelixencia artificial (Manuel J. García Rodríguez)
- Aspectos máis importantes da estratexia estatal de contratación pública (María Luisa Araujo Chamorro)
- Los pliegos de contratos financiados con cargo a los fondos Next Generation (Luis Jaime Rodríguez)