Central de Contratación
Información
A Deputación da Coruña creou mediante acordo plenario de 27 de Xuño de 2014 unha Central de Contratación dirixida a todos os municipios da provincia . Esta ferramenta desenvólvese ao amparo do Real Decreto lexislativo 3/2011 do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público.
Os obxectivos que se pretenden conseguir pola Deputación son por unha banda alcanzar unha mellor sustentabilidade económica, cunha redución significativa no custo das compras tanto para a propia Deputación como para os concellos da provincia, e por outra banda racionalizar a adxudicación de contratos, a través de acordos marco, sistemas dinámicos de contratación ou outros tipos de licitación.
Coa creación dun sistema de contratación centralizada e especializada facilitarase a contratación de obras, subministracións ou servizos que poidan ser comunmente demandados polos Concellos e a propia Deputación, conseguindo deste xeito maior eficiencia na xestión da contratación e mellores condicións económicas que redunden na contención do gasto público.
Coa creación da Central de Contratación seguirase reforzando a tan necesaria colaboración interadministrativa e asistencia especializada coas entidades locais.
A Central de Contratación integrase na Secretaría Xeral, dentro do Servizo de Patrimonio e Contratación:
- Xefa de Servizo: Beatriz Méndez López.
Tel. 981415366
- Xefa de Sección: María J. Lauda Pan
Teléfono: 981415770
Correo electrónico: central.contratacion@dacoruna.gal
