Estás en:Novas

Mariña Pérez Rei

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Mariña Pérez Rei

Mariña Pérez Rei é unha escritora galega nada en Ames.

Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica exerce de profesora de Lingua Galega e Literatura no IES Eduardo Pondal (Compostela), onde creou o grupo Equipo da Dinamización da Lingua Galega.
A súa obra componse de poesía e narrativa, e conta con diversos premios nas diferentes modalidades que cultiva. A seguir recóllense os principais títulos e a súa sinatura para atopalos na Biblioteca.


Poesía:

  • Fanerógama, 2006. [GAL/13083
  • Apuntamentos para un cuarto confuso e cambiante, 2009.
  • Paquidermo, 2010. [GAL/16286]
  • Boca de gárgola, 2014.

Narrativa:

  • Canícula, 2007. [GAL/13006
  • Costa necrópole. Escenarios para deslembrar, 2010. [GAL/16544]
  • Contrapicados, 2012.

Premios:

  • XVIII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 2005, por Fanerógama.
  • Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2006, por Canícula.
  • IX Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos no 2010, por Costa necrópole. Escenarios para deslembrar.