Estás en:Novas

A Deputación homenaxea ao Baxi Ferrol no seu retorno á Liga Endesa

A Deputación homenaxea ao Baxi Ferrol no seu retorno á Liga Endesa

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, e o deputado de Cultura, Xurxo Couto, recibiron esta mañá na Deputación as xogadoras, directiva e corpo técnico do Baxi Ferrol, que vén de ascender á Liga Endesa.

O equipo foi recibido no salón de plenos, onde Cristina Capelán felicitou ás xogadoras e destacou o "orgullo" que é para a provincia contar cun club tan senlleiro como o Baxi levando o nome de Ferrol por toda España.

Capelán e Couto desexaron os maiores éxitos ao Baxi Ferrol no seu regreso á máxima categoría do baloncesto nacional.

A capitá do equipo, Jenna Allen, agradeceu o apoio da Deputación e expresou a alegría de todo o equipo polo obxectivo conseguido.