Estás en:Novas

Club da Raíña Lupa: Venres 21 de abril: Miguel López (El Hematocrítico) – "Dona Problemas"

Achégate á Biblioteca da Deputación da Coruña para ler as mellores obras recentes da Literatura Infantil e Xuvenil galega da man das súas autoras e autores.

Club da Raíña Lupa:  Venres 21 de abril: Miguel López (El Hematocrítico) –

'Non hai idade, hai literatura'

Un club de lectura que naceu ao abeiro do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña para estender e socializar a idea de que a LIX vai máis aló do público estritamente infantil e xuvenil.

    • Día 21 de abril de 2023
    • Hora: 18:00 h.
    • Autor convidado: Miguel López (El Hematocrítico)
    • Obra que comentaremos: "Dona Problemas" 

 Inscríbete https://dacoruna.gal/biblioteca/actividades#Club+da+Raina+Lupa_2a+edicion 

Coordinado por Lois Pérez, gañador da última edición do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, ofrecerá na Biblioteca provincial tres encontros esta primavera máis outros tres en outono. As sesións, nas que as persoas participantes poderán conversar cos autores e autoras das obras seleccionadas, terán lugar na Sala César Antonio Molina da Biblioteca provincial da Coruña, ás 18 horas do penúltimo venres de marzo, abril, maio, setembro, outubro e novembro.