Día do libro 2023
Durante toda a semana do 17 ao 23 de abril, festexamos unha das celebracións máis importantes para as persoas e entidades que compartimos a lectura como unha das nosas paixóns.
O 23 de abril celébrase o Día do Libro, e con tal motivo preparamos unha serie de actividades para conmemorar a data, que este ano cae en domingo.
21 de abril ás 12:00 h - Visita guiada
Coñece os tesouros e fondos destacados da Biblioteca. 21 de abril 12:00 h. 10 prazas. Punto de encontro: vestíbulo da Biblioteca 5 minutos antes do inicio da visita. Anotarse enviando correo a biblioteca.info@dacoruna.gal ou chamando ao 981 080 176 e deixando o nome e apelidos e un teléfono de contacto.
21 de abril ás 18:00 h - Encontro con O Hematocrítico
No marco do Club da Raíña Lupa, teremos un encontro co autor sobre "Dona Problemas". Podes ler toda a información e atopar o formulario de inscrición premendo aquí.
17 AO 23 DE ABRIL
Os libros que somos
Deixa as recomendacións dos teus libros favoritos para outras persoas lectoras, tanto na Biblioteca, na que logo colocaremos e difundiremos os títulos recomendados, como nas redes sociais co cancelo #oslibrosquesomos
Libros esquecidos
Rescata un libro! Leva en préstamo algún dos que levan anos durmindo na Biblioteca e hai moito tempo que non saen.
Desfrutando o dobre!
Durante toda a semana poderás levar en préstamo o dobre de materiais do habitual.
Inspiración en Rafael Cadenas
Textos e frases curtas do Premio Cervantes deste ano encherán a Biblioteca esta semana.
Silencio! Soan os libros
Publicamos nas redes sociais os sons do proceso técnico dos libros.