Estás en:Novas

Éxito do 5x5 Baloman na Rúa en Culleredo

BM Ribadosar e Os Rapaces de Culleredo gañan en categoría benxamín e alevín

Éxito do 5x5 Baloman na Rúa en Culleredo

BM Ribadosar e Os Rapaces de Culleredo foron os gañadores nas categorías benxamín e alevín, respectivamente, do encontro 5x5 de Balonmán na Rúa- Copa Deputación da Coruña celebrado esta fin de semana en Culleredo.
Un total de 36 equipos de rapaces e rapazas entre seis e once anos participaron no campionato.
O alcalde de Culleredo e deputado provincial, José Ramón Rioboo, foi o encargado de entregar os premios aos gañadores, xunto co concelleiro de Deportes, Miguel Suárez.