Xornada de Portas Abertas
Co gallo do Día Internacional da Danza 2023, o Conservatorio Profesional de Danza da @depucoruna A Deputación provincial da Coruña, celebra "EN DANZA": unha Xornada de Portas Abertas co obxectivo de dar a coñecer o centro e as especialidades que se imparten nel. A xornada terá lugar o día 27 de abril de 17:00 a 21:00 horas.
Aberto xa o período para participar, só tedes que vos inscribir a través dunha das seguintes modalidades:
Presencial, na conserxería do Conservatorio Profesional de Danza.
Vía telefónica, chamando ao teléfono 981 08 01 81.
Agardamos a vosa presenza!