Estás en:Novas

A Deputación da Coruña financia 411.000 horas de servizo de axuda no fogar nos concellos da provincia

A Deputación publica a concesión do programa de Servizos Sociais Comunitarios 2023, cun investimento de 8,3 millóns de euros para os municipios de menos de 20.000 habitantes

Increméntanse 24.000 horas con respecto ao ano pasado

Ademais do persoal de axuda a domicilio, a Deputación financia a contratación de 179 profesionais do eido social, que atenden cada día desde os concellos a miles de cidadáns en situación vulnerable nos concellos da provincia

A Deputación da Coruña financia 411.000 horas de servizo de axuda no fogar  nos concellos da provincia

A Deputación da Coruña publica hoxe no BOP a concesión provisional do programa de Servizos Sociais Comunitarios 2023, que reforza os recursos de protección social dos concellos coruñeses cunha achega de 8,3 millóns de euros, o que permitirá financiar 411.000 horas de servizo axuda no fogar (24.000 horas máis que o ano pasado) e contratar a 179 profesionais do ámbito social nos municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, destacou a importancia deste programa, "que permite reforzar a axuda no fogar, un servizo esencial para miles de persoas maiores ou con discapacidade e as súas familias e ao mesmo tempo dá emprego a moitas persoas, especialmente nos concellos máis pequenos".

Neste sentido, o presidente subliñou que, ademais das persoas que traballan directamente na axuda no fogar, este programa permite tamén contratar nos concellos durante un ano a 179 profesionais especialistas no ámbito social para atender as necesidades das persoas máis vulnerables.

O SAF garante o benestar e a atención ás persoas maiores, evitando o seu desarraigo ao permitir que sigan vivindo no seu fogar e favorecendo a conciliación laboral e a tranquilidade das familias.

Formoso considerou que o programa mellora a calidade de vida de miles de persoas e permite que toda a cidadanía teña acceso a servizos sociais profesionais, independentemente do lugar onde residan.

Axuda a domicilio

O orzamento dedicado a este programa permitirá reforzar os servizos de axuda no fogar dos municipios, cuxa demanda se incrementou notablemente nos últimos anos. A Deputación prevé financiar en 2023 un total de 411.000 horas deste servizo a un prezo de 12€ a hora, unha prestación esencial para a atención de maiores e dependentes nos pequenos concellos.

A cifra supón un incremento de 24.000 horas con respecto a este ano e 144.000 horas máis que en 2020.

En 2023, a Deputación da Coruña financiará 74.541 horas de SAF nos concellos da comarca da Coruña e As Mariñas, 50.971 nos do Barbanza, 81.535 nos de Bergantiños e Costa da Morte, 109.415 nos da área de Ferrolterra, Eume e Ortegal e 94.557 nos de Santiago.

O programa financia a contratación de 179 profesionais do eido social

O programa de servizos sociais tamén permitirá a contratación de 179 profesionais especialistas do eido social. Persoal que cada día atende a miles de cidadáns, que con frecuencia pertencen a colectivos especialmente vulnerables: infancia, mulleres vítimas de violencia, persoas con especiais dificultades de inserción laboral, maiores sen recursos, persoas sen fogar ou con discapacidade.

O programa financia o 100% do salario das persoas contratadas como persoal administrativo (18.000 €/ano), persoal técnico A2 (22.000 €) e persoal técnico A1 (26.000 €). O persoal poderá ser contratado tamén a media xornada.

Prevese a contratación de 40 profesionais nos concellos de menos de 20.000 habitantes da comarca da Coruña, 21 na comarca do Barbanza, 35 na de Bergantiños-Costa da Morte, 35 nos concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal e 48 na comarca de Compostela.

SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS COMUNITARIOS 2023

 

PERSOAL CONTRATADO EN SERVIZOS SOCIAIS

HORAS DE SAF

INVESTIMENTO TOTAL

COMARCA DA CORUÑA

 

 

 

ABEGONDO

3

5.895,00

144.740,00

ARANGA

2

5.000,00

100.000,00

BERGONDO

2

8.000,00

136.000,00

BETANZOS

4

4.940,00

143.280,00

CARRAL

3

12.600,00

209.200,00

COIRÓS

2

3.204,00

78.448,00

CURTIS

2

2.400,00

68.800,00

IRIXOA

2

2.900,00

74.800,00

MESÍA

2

4.600,00

95.200,00

MIÑO

4

1.790,00

105.080,00

OZA-CESURAS

3

4.688,36

114.260,32

PADERNE

2

2.000,00

55.000,00

SADA

4

8.756,00

189.072,00

SOBRADO DOS MONXES

3

5.000,00

111.000,00

VILASANTAR

2

2.768,00

73.216,00

TOTAL COMARCA

40

74.541,36

1.698.096,32

 

 

 

COMARCA DO BARBANZA

 

 

 

BOIRO

2

7.000,00

124.000,00

CARNOTA

2

4.956,00

99.472,00

LOUSAME

2

4.000,00

77.000,00

MAZARICOS

2

6.000,00

112.000,00

MUROS

2

2.873,00

74.476,00

NOIA

2

6.011,50

116.138,00

OUTES

2

6.000,00

112.000,00

A POBRA DO CARAMIÑAL

2

2.240,52

70.886,24

PORTO DO SON

2

4.690,00

100.280,00

RIANXO

3

7.200,00

150.600,00

TOTAL COMARCA

21

50.971,02

1.036.852,24

 

 

 

 

 

COMARCA DE CARBALLO

 

 

 

CABANA DE BARGANTIÑOS

2

6.000,00

112.000,00

CAMARIÑAS

3

2.000,00

94.000,00

CEE

1

2.400,00

46.800,00

CERCEDA

2

9.000,00

148.000,00

CORCUBIÓN

2

1.300,00

55.600,00

CORISTANCO

3

3.900,00

112.800,00

DUMBRÍA

2

6.000,00

112.000,00

FISTERRA

2

3.000,00

79.064,00

A LARACHA

4

12.000,00

224.000,00

LAXE

2

3.200,00

78.400,00

MALPICA DE BERGANTIÑOS

2

12.796,00

193.552,00

MUXÍA

2

1.800,00

61.600,00

PONTECESO

2

2.139,00

69.668,00

VIMIANZO

4

10.000,00

204.000,00

ZAS

2

6.000,00

112.000,00

TOTAL COMARCA

35

81.535

1.703.484

 

 

COMARCA DE FERROL

 

 

 

ARES

2

13.000,00

196.000,00

CABANAS

2

6.054,75

112.657,00

A CAPELA

0

2.500,00

30.000,00

CARIÑO

2

7.646,00

135.752,00

CEDEIRA

2

3.492,91

81.914,92

CERDIDO

1

1.200,00

32.400,00

FENE

3

4.672,07

118.064,84

MAÑÓN

2

6.000,00

116.000,00

MOECHE

1

2.000,00

33.000,00

MONFERO

1

3.000,00

58.000,00

MUGARDOS

2

3.395,00

84.740,00

NEDA

2

16.716,58

229.598,96

ORTIGUEIRA

3

3.400,00

106.800,00

PONTEDEUME

3

8.443,50

167.322,00

AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

2

14.560,00

218.720,00

SAN SADURNIÑO

2

1.972,17

63.666,04

AS SOMOZAS

2

1.500,00

58.000,00

VALDOVIÑO

2

4.200,00

90.400,00

VILARMAIOR

1

5.662,00

89.944,00

TOTAL COMARCA

35

109.414,98

2.022.979,76

 

COMARCA DE SANTIAGO

 

 

 

ARZÚA

2

2.000,00

55.000,00

A BAÑA

2

2.320,00

67.840,00

BOIMORTO

2

4.153,00

89.836,00

BOQUEIXÓN

2

1.500,00

55.067,40

BRIÓN

2

1.800,00

65.600,00

DODRO

2

5.040,00

100.480,00

FRADES

1

3.500,00

60.000,00

MELIDE

2

7.643,00

131.716,00

NEGREIRA

3

3.525,00

112.300,00

ORDES

3

6.000,00

130.000,00

OROSO

2

6.750,00

121.000,00

PADRÓN

4

5.522,40

146.268,80

O PINO

1

2.928,00

61.136,00

ROIS

2

8.230,00

142.760,00

SANTA COMBA

3

3.700,00

110.400,00

SANTISO

1

3.000,00

58.000,00

TEO

3

4.680,00

114.160,00

TOQUES

1

4.434,50

64.214,00

TORDOIA

2

1.600,00

59.200,00

TOURO

2

3.700,00

84.400,00

TRAZO

2

3.500,00

82.000,00

VAL DO DUBRA

2

3.840,00

86.080,00

VEDRA

2

5.191,21

102.294,52

TOTAL COMARCA

48

94.557,11

2.099.752,72

 

TOTAL

179

411.019,47

8.561.165,04