Estás en:Novas

A Deputación prepara unha serie de actividades para celebrar o Día do Libro

Este venres a Biblioteca organiza unha visita guiada ás instalacións e un encontro con El Hematocrítico, autor de "Dona Problemas"

Anima os lectores e lectoras a deixar recomendacións, ou ben na Biblioteca, ou a través das redes sociais incluíndo o cancelo #oslibrosquesomos

A Deputación prepara unha serie de actividades para celebrar o Día do Libro

A Deputación da Coruña prepara unha serie de actividades en conmemoración do Día do Libro, que terá lugar este domingo, 23 de abril.

Este venres , 21 de abril, realizarase unha visita guiada á Biblioteca provincial, ás 12 horas. Hai un total de 10 prazas e o punto de encontro será o vestíbulo da Biblioteca 5 minutos antes do inicio. Para inscribirse hai que enviar un correo a biblioteca.info@dacoruna.gal ou chamar  ao 981 080 176.

Ese mesmo día, ás 18 horas, celebrarase un encontro con El Hematocrítico, autor de "Dona Problemas", enmarcado no Club da Raíña Lupa. A inscrición realizarase na páxina web da Deputación da Coruña (https://dacoruna.gal/biblioteca/actividades#Club+da+Raina+Lupa_2a+edicion).

Durante toda a semana, en conmemoración do Día do Libro, as persoas usuarias poderán levar en préstamo o dobre de materiais do habitual.

Ao longo destes días, desde a Biblioteca animan a rescatar libros levando en préstamo algún dos libros que levan moito tempo sen saír das instalacións.

Ademais, a Biblioteca terá unha ambientación especial inspirada en Rafael Cadenas, xa que textos e frases do Premio Cervantes deste ano decorarán o lugar.

Deixa as túas recomendacións a través de 'Os libros que somos'

Desde o 17 ao 23 de abril podes deixar as túas recomendacións lectoras para outras persoas, tanto na biblioteca, na que se colocarán e difundirán os títulos recomendados, como nas redes sociais a través do cancelo #oslibrosquesomos.