Estás en:Novas

O Festival de La Luz volve a Boimorto en agosto

Bernardo Fernández asistiu ao acto de entrega dos fondos solidarios recadados na edición 2022, doados á Federación de Alzheimer de Galicia, no que se presentou o cartel de 2023

O evento conta co apoio da Deputación da Coruña, que instala cada ano no recinto o seu Mercado de produtos locais

Contará con novidades como unha área destinada ao circo

O Festival de La Luz volve a Boimorto en agosto

O Festival da Luz celebrarase este ano os días 25, 26 e 27 de agosto en Boimorto e contará con importantes novidades no seu formato, como a incorporación dunha área destinada ao circo.

O evento conta co apoio da Deputación da Coruña, que instala cada ano no recinto o seu Mercado de promoción de produtos locais.

O portavoz do Goberno provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, asistiu hoxe na Fundación Paideia da Coruña á presentación do Festival de La Luz 2023, un acto no que tamén se entregou a recadación solidaria do ano pasado (83.704 €) á Federación Alzheimer Galicia (Fagal), que agrupa a 15 entidades destinadas a apoiar aos enfermos de Alzheimer e ás súas familias.

Bernardo Fernández destacou que o Festival mestura "cultura, solidariedade e aposta polo rural" e sostivo que a Deputación reforzará este ano a súa colaboración cun evento "que xa é unha referencia na nosa provincia".

O Festival volverá a contar co Mercado da Deputación, no que participarán de novo máis de corenta produtores locais do eido da alimentación a artesanía ou a innovación.

No cartel musical desta nova edición destaca a presenza de Luar na Lubre, Lady Banana, Volvoreta, Ona Mafalda, Ramoncín, Mr Fishman, Rayden ou Herediros da Crus, entre outros.