Estás en:Novas

Rioboo inaugura a XXXVI asemblea anual da Asociación Forestal de Galicia

O encontro celebrouse no Pazo de Mariñán e reuniu a preto de 90 persoas propietarias e xestoras forestais de toda Galicia


O deputado de Emprego e Transición Ecolóxica sinalou que "a madeira é unha materia clave para o modelo de transición de Europa cara unha economía máis verde"

Rioboo inaugura a XXXVI asemblea anual da Asociación Forestal de Galicia

O deputado de Emprego e Transición Ecolóxica, José Ramón Rioboo, participou hoxe, sábado 29 de abril, na XXXVI asemblea anual da Asociación Forestal de Galicia, que se celebrou no Pazo de Mariñán e que reuniu a preto dun centenar de persoas propietarias e xestoras forestais de toda a comunidade.
Na súa intervención Rioboo sinalou que "a madeira é unha materia prima clave para o modelo de transición de Europa cara unha economía máis verde" e lembrou que "temos a sorte de vivir nun dos maiores eixos de produción forestal de Europa". "O 25% da produción de madeira en España provén do norte de Galicia, singularmente das provincias da Coruña e Lugo", afirmou.
Ademais, felicitou aos propietarios que forman parte da Asociación Forestal de Galicia polo "traballo que desempeñades a través do voso modelo de xestión dos montes, promovendo a concentración parcelaria, axustada ás necesidades forestais do país". "Un monte ordenado, coidado, limpo e produtivo é tamén unha ferramenta clave para evitar o desastre dos incendios, que tan seriamente afectou a Galicia o pasado verán", engadiu.
Asociación Forestal de Galicia
A Asociación Forestal de Galicia, entidade privada sen ánimo de lucro fundada en 1986, agrupa propietarios forestais de toda Galicia, tanto de montes particulares como veciñais en man común. Conta cun equipo técnico de 20 persoas e atende as necesidades técnicas, administrativas, fiscais e contables dos asociados.