Estás en:Novas

A Deputación destina 100.000 euros para a adquisición de vehículos para o transporte de embarcacións de catro entidades de remo, piragüismo, vela e salvamento e socorrismo

As organizacións beneficiadas son o Club de Vela Fluvial das Pontes, o Club del Mar de Cariño, o Club Náutico Ría de Ares e o Club Salv-Ar de Arteixo

A Deputación destina 100.000 euros para a adquisición de vehículos para o transporte de embarcacións de catro entidades de remo, piragüismo, vela e salvamento e socorrismo

A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a concesión provisional das axudas correspondentes ao programa de subvencións aos clubs de remo, piragüismo, vela e salvamento, socorrismo da Provincia da Coruña para a adquisición de vehículos de uso deportivo para este ano 2023.

As organizacións beneficiadas son catro: o Club de Vela Fluvial das Pontes, o Club del Mar de Cariño, o Club Náutico Ría de Ares e o Club Salv-Ar de Arteixo.

Cada unha das catro asociacións percibirá un total de 25.000 euros para adquirir os novos equipamentos, que deben ter un orzamento mínimo xustificable de 31.250 euros. No caso de que o importe sexa inferior, a achega provincial reducirase na porcentaxe máxima de financiamento, que é o 80%.

Poderanse gastar en elementos vinculados ao transporte, como vehículos e remolques, así como na súa adquisición, adaptación ou na súa rotulación.

Estas achegas por parte da entidade provincial teñen como obxectivo dotar as entidades de medios adecuados para o transporte das embarcacións necesarias para a práctica deportiva, permitíndolles competir e desempeñar o seu labor no día a día nas mellores condicións.