Estás en:Novas

Leira recibe a un grupo de peregrinos irlandeses que comezan o Camiño Inglés

Leira recibe a un grupo de peregrinos irlandeses que comezan o Camiño Inglés

O deputado Antonio Leira recibiu hoxe ante a sede da Deputación da Coruña a un grupo de 25 peregrinos irlandeses no seu percorrido polo "Camiño Celta", unha experiencia inesquecible que combina 25 km percorridos en Irlanda nalgún dos 9 camiños recoñecidos pola súa vinculación con Compostela, e os 75 km do Camiño Inglés entre A Coruña e Santiago .

A maioría dos peregrinos percorreron en Irlanda o Boyne Valley Camino que vai, en parte, a carón do río Boyne, onde Amergin, descendente de Breogán, desembarcou da súa viaxe dende Galicia.

Leira desexou bo camiño aos peregrinos antes de iniciar o seu percorrido por chan galego proceden de distintos puntos de Irlanda e veñen dispostos a empaparse de cultura galega e a seguir os pasos dos seus antepasados.