Marilar Aleixandre – "Nogard"
Achégate á Biblioteca da Deputación da Coruña para ler as mellores obras recentes da Literatura Infantil e Xuvenil galega da man das súas autoras e autores.
'Non hai idade, hai literatura'
Un club de lectura que naceu ao abeiro do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña para estender e socializar a idea de que a LIX vai máis aló do público estritamente infantil e xuvenil.
- Día 19 de maio de 2023
- Hora: 18:00 h.
- Autor convidado: Marilar Aleixandre
- Obra que comentaremos: "Nogard"
«Nogard era un dragón que tiña todo do revés e, no canto de lume, botaba auga pola boca...» Cando Celia comeza a inventar esta historia para os seus sobriños non sabe como acabará. Tampouco sabe que ela mesma se verá arrastrada pola irmandade dos ratos a desafiar o Papapalabras, o monstro que devora palabras, na procura da chave do gardaestrelas. Unha aventura trepidante polo país de Milmontes que pon a proba a afouteza de Celia e a súa capacidade para termar das palabras fronte aos monstros, que queren facelas desaparecer.
O libro telo dispoñible en formato dixital na EBIBLIODACORUNA e podes collelo prestado AQUÍ e na sección infantil e Xuvenil da Biblioteca coa sinatura N ALE nog / v
Coordinado por Lois Pérez, gañador da última edición do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, ofrecerá na Biblioteca provincial tres encontros esta primavera máis outros tres en outono. As sesións, nas que as persoas participantes poderán conversar cos autores e autoras das obras seleccionadas, terán lugar na Sala César Antonio Molina da Biblioteca provincial da Coruña, ás 18 horas do penúltimo venres de marzo, abril, maio, setembro, outubro e novembro.