Estás en:Novas

A Deputación apoia con medio millón de euros programas sociosanitarios de 30 entidades da provincia

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a concesión provisional das axudas, que van dos 1.608 aos 36.800 euros
Servizos de apoio psicolóxico, terapias de rehabilitación ou programas de asesoramento e orientación son algunhas das iniciativas subvencionadas

A Deputación apoia con medio millón de euros programas sociosanitarios de 30 entidades da provincia

A Deputación da Coruña destina preto de medio millón de euros para financiar programas sociosanitarios de 30 entidades sociais sen ánimo de lucro da provincia durante 2023

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a conceción provisional das subvencións por valor de 499.629,78. As contías a percibir polas entidades van desde os 1.608 euros aos 36.800 euros.

As achegas permitirán financiar o desenvolvemento de servizos apoio psicolóxico, terapias de rehabilitación e fisioterapia, programas de orientación e asesoramento aos afectados por determinadas doenzas e as súas familias, así como charlas e foros informativos.

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, indicou que con estas axudas a Deputación "presta apoio a 30 programas fundamentais para o benestar de centos de persoas, que inclúen servizos como rehabilitación, apoio psicolóxico ou asesoramento especializado que son fundamentais en moitas doenzas coma o Alzheimer, o cancro, a esclerose múltiple ou a enfermidade de Parkinson". A deputada provincial tamén destacou o importante labor de sensibilización sobre certas doenzas que levan a cabo as entidades.

Axudas concedidas provisionalmente:

Solicitudes

Importe subvención

Beneficiario: ANHIDACORUÑA ASOCIACION DE NIÑOS CON HIPERACTIVIDAD Y DEFICIT DE ATENCION
Obxecto:AP-2. APOIO PSICOLÓXICO PARA PERSOAS AFECTADAS POLO TDAH E AS SÚAS FAMILIAS

20.586,62€

Beneficiario: ASOCIACION COMPOSTELANA DE NIÑAS Y NIÑOS HIPERACTIVOS
Obxecto:AP-1. ABORDAXE INTEGRAL DO TDAH PARA UN DESENVOLVEMENTO ÓPTIMO

30.400,00€

Beneficiario: ASOCIACION COMPOSTELANA ESCLEROSIS MULTIPLE
Obxecto:AP-3. Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias- Programa de Traballo Social, asesoramento xurídico e coordinación interdisciplinar.

32.800,00€

Beneficiario: ASOCIACION CORUÑESA DE ESCLEROSIS MULTIPLE
Obxecto:AP-1 TERAPIAS DE REHABILITACIÓN. PROGRAMA DE XESTIÓN E COORDINACIÓN DA REHABILITACIÓN

18.040,00€

Beneficiario: ASOCIACION DE AYUDA A NIÑOS ONCOLOGICOS DE GALICIA ASANOG
Obxecto:AP-3. Información e asesoramento sociolaboral, educativo e psicolóxico a menores con cancro e as súas familias

15.580,00€

Beneficiario: ASOCIACION DE BULIMIA Y ANOREXIA DE A CORUÑA
Obxecto:AP-2. INTERVENCION TERAPÉUTICA NOS TRASTORNOS DA CONDUTA ALIMENTARIA

36.800,00€

Beneficiario: ASOCIACION DE CELIACOS DE GALICIA A.C.E.G.A.
Obxecto:PC-1. DIVULGACIÓN DA ENFERMIDADE CELÍACA. CONTACONTOS PARA A CATIVADA: SON MARIÑA .

6.872,80€

Beneficiario: ASOCIACION DE DANO CEREBRAL SARELA
Obxecto:AP-3. Información, Orientación e Asesoramento a persoas e familias con Dano Cerebral Adquirido

36.800,00€

Beneficiario: ASOCIACION DE LUCHA CONTRA ENFERMEDADES DEL RIÑON
Obxecto:AP-3. SIO. Servizo de Información e Orientación Social

25.133,00€

Beneficiario: ASOCIACION DE SARCOMAS DE GALICIA
Obxecto:AP-3. Atender aos pacientes e familiares con Sarcoma durante todo o proceso da enfermidade, informar, orientar e xestionar as segundas opinións médicas e as derivacións aos centros de referencia de Sarcoma, así como no resto das súas necesidades.

18.066,10€

Beneficiario: ASOCIACION ESPAÑOLA CONTRA EL CANCER
Obxecto:AP-3. PROGRAMA DE TRABAJO SOCIAL: INFORMACIÓN Y ORIENTACIÓN SOCIAL

26.240,00€

Beneficiario: ASOCIACION FAMILIARES ENFERMOS DE ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS DE FISTERRA E SONEIRA (AFAFES)
Obxecto:AP-1 Terapias de rehabilitación. PROGRAMA DE PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA E PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL

30.400,00€

Beneficiario: ASOCIACION GALEGA DE ASPERGER (ASPERGA)
Obxecto:AP-3. PROGRAMA DE ASESORAMENTO A PERSOAS CON SÍNDROME DE ASPERGER E AUTISMO E AS SÚAS FAMILIAS

14.796,43€

Beneficiario: ASOCIACION GALEGA DE ESCLEROSE LATERAL AMIOTROFICA
Obxecto:AP-3. Orientación, apoio e asesoramento a persoas con Esclerose Lateral Amiotrófica, persoas coidadoras e familiares da provincia da Coruña

13.089,29€

Beneficiario: ASOCIACION GALEGA DE LINFEDEMA AGL
Obxecto:AP-1. Conseguir que unha parte da poboación diagnosticada destas doenzas, pertencente á provincia de a A Coruña poida ter, acceso a un tratamento de mantemento de fisioterapia especializada, asequible e de calidade.

14.628,71€

Beneficiario: ASOCIACION GALEGA DE PERSOAS AMPUTADAS
Obxecto:AP-1. PROGRAMA DE REHABILITACIÓN EN FISIOTERAPIA, PARA PERSOAS CON AMPUTACIÓNS EN GALICIA

4.830,84€

Beneficiario: ASOCIACION GALLEGA CONTRA LA FIBROSIS QUISTICA
Obxecto:AP-1. Programa de fisioterapia respiratoria para persoas da área de A Coruña

3.731,52€

Beneficiario: ASOCIACION GALLEGA CONTRA LAS ENFERMEDADES NEUROMUSCULARES ASEM GALICIA
Obxecto:AP-1. Programa de Rehabilitación Integral para Persoas con Enfermidades Neuromusculares Provincia de A Coruña

1.608,58€

Beneficiario: ASOCIACION GALLEGA DE AFECTADOS POR TRANSPLANTES MEDULARES
Obxecto:PC-1. Informar e sensibilizar ó conxunto da sociedade sobre o proceso de doazón de medula ósea, mediante a realización de diferentes charlas, publicacións, campañas e actividades

14.401,67€

Beneficiario: ASOCIACION GALLEGA DE HEMOFILIA
Obxecto:AP-3. Servizo de Atención e Información Permanente (SAIP)

4.243,08€

Beneficiario: ASOCIACION GALLEGA DE TRANSPLANTES AIRIÑOS
Obxecto:PC-1. FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS

2.840,00€

Beneficiario: ASOCIACION PARKINSON FERROL
Obxecto:AP-1. Abordaxe Multidisciplinar en persoas afectadas pola enfermidade de Parkinson.

18.133,60€

Beneficiario: ASOCIACION PARKINSON GALICIA
Obxecto:AP-1. PROGRAMA DE FISIOTERAPIA PARA PERSOAS AFECTADAS DE PARKINSON, FAMILIARES E COIDADORES/AS

34.960,00€

Beneficiario: COORDINADORA NACIONAL DE ARTRITIS
Obxecto:AP-3 Programas de información/ orientación e asesoramento en distintas materias

1.621,33€

Beneficiario: FEDERACION ALCER GALICIA
Obxecto:AP-3. ALCER ACOMPAÑA.

7.144,00€

Beneficiario: FEDERACION DE ASOCIACIONS GALEGAS DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER (FAGAL)
Obxecto:PC-2. XXI Xornadas Interdisciplinarias de FAGAL

8.378,40€

Beneficiario: FEDERACION GALEGA DE DANO CEREBRAL
Obxecto:PC-1. Concienciación da poboación infantil sobre a existencia, causas e consecuencias do dano cerebral adquirido mediante produtos pedagóxicos

8.040,36€

Beneficiario: FEDERACION GALEGA DE ENFERMEDADES RARAS E CRONICAS
Obxecto:AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias.Servizo de Acollida da Federación Galega de Enfermedades Raras e Crónicas

20.500,00€

Beneficiario: FUNDACION INGADA
Obxecto:AP-2. APOIO PSICOLÓXICO A PERSOAS CON TDAH E AOS SEUS FAMILIARES

17.107,45€

Beneficiario: LIGA REUMATOLOXICA GALEGA LOITA CONTRA O REUMATISMO
Obxecto:PC-1. CAMPAÑA INTEGRAL DE PREVENCIÓN , INFORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN DAS ERyMEs (Enfermedades reumáticas y músculo esqueléticas)

11.856,00€

Total concedido 499.629,78 €