Estás en:Novas

Camariñas acolle esta fin de semana a final da Copa Deputación da Coruña de Balonmán na Rúa

Doce equipos de nenas e nenos entre os 6 e os 11 anos disputaranse a Copa Deputación nas categorías benxamín e alevín

Camariñas acolle esta fin de semana a final da Copa Deputación da Coruña de Balonmán na Rúa

Camariñas acolle esta fin de semana a final da Copa 5x5 Deputación da Coruña de Balonmán na Rúa, que se disputarán un total de 12 equipos da provincia con nenos e nenas entre os 6 e os 11 anos.

Os equipos que chegan á final de Camariñas son os gañadores dos seis eventos disputados ata agora en Carballo, Cerceda, Culleredo, Ribeira Pontedeume e Ferrol.

Na categoría benxamín disputarán a Copa Deputación os equipos Star, Abegondo Magics, BM Ribadosar, Los tigres del Bayón, Balonmán Fragas do Eume e Abegondo.

Na categoría alevín participarán na final Camariñas, Abegondo Superstar, BM Ribadosar, Frións al poder, Narón Culleredo e Los Tigres.

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, destacou o "gran acollida e a elevada participación" da que gozou esta primeira edición do torneo, "co que queremos levar o deporte do balonmán á rúa para que moitas nenas e nenos o descubran e se animen a practicalo".

Capelán afirmou que espera que a final "sexa unha gran festa do deporte para toda a familia" e desexou sorte e éxitos aos participantes.

Para a final disporase no entorno da praza de abastos de Camariñas unha pista de mini-balonmán ao aire libre, con bancadas para 250 persoas para que familias e afeccionados poidan gozar vendo en acción aos máis pequenos/as.

A pista disporá de marcador electrónico, unha gran pantalla LED, megafonía, speaker e comentaristas, emisión en directo en streaming e dron para as tomas aéreas do evento, configurando un gran espectáculo para toda a familia no que os pequenos e pequenas deportistas serán protagonistas.