Estás en:Novas

A Deputación concede 800.000 euros para o mantemento de centros de 43 entidades sociais da provincia

O Boletín Oficial da Provincia publica a concesión provisional desta liña de subvencións para o mantemento das súas instalacións

A Deputación concede 800.000 euros para o mantemento de centros de 43 entidades sociais da provincia

A Deputación da Coruña destina este ano 799.579 euros para o mantemento de centros de servizos sociais da provincia ao longo deste ano. No Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicouse hoxe a listaxe definitiva das entidades sen fins de lucro beneficiarias destas axudas.

Un total de 43 asociacións da provincia contarán con estas subvencións para o mantemento dos seus centros. As contías outorgadas oscilan entre un mínimo de 3.000 euros e un máximo de 33.000 euros.

Albergues, centros de día, de rehabilitación psicosocial e laboral, ocupacionais, de acollida, de inclusión social, de menores e vivendas comunitarias son algunhas das instalacións que se manteñen a través deste programa provincial, que complementa á liña de mantemento de programas sociosanitarios publicado a semana pasada e no que a Deputación inviste outros 500.000 euros.

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, destaca o "labor fundamental que exercen para a sociedade estas entidades, dando un servizo imprescindible aos miles de usuarios e usuarias, persoas con diversidade funcional, en risco de exclusión social, maiores... e tamén ás súas familias".

Listaxe de axudas concedidas:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/05/19/2023_0000003827.html