Estás en:Novas

A Deputación leva a pleno un investimento de 732.542 euros para a mellora da DP-1603 ao seu paso pola Travesía de Ponte do Porto nos concellos de Camariñas e Vimianzo

As obras comprenden unha lonxitude de 400 metros, dos PK 0.330-PK0.740

As actuacións contempladas están encamiñadas á mellora da estrada DP-1603 ao seu paso pola travesía da Ponte do Porto, que actualmente conta cun amplo paseo, á beira da ría do Porto

A Deputación leva a pleno un investimento de 732.542 euros para a mellora da DP-1603 ao seu paso pola Travesía de Ponte do Porto nos concellos de Camariñas e Vimianzo

A Deputación da Coruña leva ao pleno do venres, 26 de maio, un invesimento de 732.542 euros para financiar as obras de mellora da DP-1603 ao seu paso pola Travesía de Ponte do Porto, nos concellos de Camariñas e Vimianzo. As obras comprenden unha lonxitude de 400 metros, dos PK 0.330-PK0.740.

As actuacións contempladas están encamiñadas á mellora da estrada DP-1603 ao seu paso pola travesía da Ponte do Porto, que actualmente conta cun amplo paseo, á beira da ría do Porto. As baldosas do paseo presentan un deterioro importante causado polo paso do tempo e igualmente o firme da estrada, que está irregular e desgastado.

As obras consistirán na demolición das beirarrúas e bordos existentes e unha nova distribución das zonas axardinadas para construír despois as novas beirarrúas mediante o emprego de formigón continuo. Na zona do paseo prevese a reposición cun firme de formigón impreso.

As obras contemplan tamén a reordenación da praza de San Roque coa colocación dun enlousado de pedra granítica abrindo a fonte e a praza á súa contorna.