Premio extraordinario de ensinanzas artísticas.
![Premio extraordinario de ensinanzas artísticas.](/files/cache/0c57cdc8b3746809e10352b63a30a4a0_f59140.jpg)
O pasado mes de maio, na Cidade da Cultura de Galicia a nosa alumna Laura Sánchez Viqueira recibiu o premio extraordinario na modalidade de ensinanzas artísticas e no ámbito de Danza na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao curso 2021/2022.
O devandito premio foi concedido pola Consellería de Educación, Cultura, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.
Moitos parabéns polo merecido recoñecemento.