Estás en:Novas

O Teatro Colón acolle este venres a gala de entrega de premios do XXIV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

Seiscentas actrices e actores participaron no certame este ano

O Teatro Colón acolle este venres a gala de entrega de premios do XXIV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

O Teatro Colón acolle este venres, 16 de xuño, a partir das 20.00 horas, a gala de clausura e entrega de premios da XXIV edición do Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña.

Máis de 50 obras e case 600 actores e actrices de todas as idades pasaron polas táboas do teatro do IES Rosalía Mera ao longo destes case tres meses de duración do certame.

A gala estará conducida por Miguel Canalejo e amenizada pola compañía Malabarian on the Rox e a Escola Galega de Teatro Musical. A entrega dos diferentes premios correrá a cargo de actores e actrices premiados en anteriores edicións, membros do xurado e profesionais do mundo do teatro e do audiovisual galego como Isabel Naveira e Carlos Vilariño.

O acto tamén contará coa presenza do deputado de Cultura, Xurxo Couto Rodríguez, que fará entrega do premio de honra póstumo a Gelines Patiño. O galardón será recibido por unha representación do seu alumnado de teatro.