Estás en:Novas

O Teatro Colón acolleu a gran festa do Teatro Escolar e Afeccionado da provincia da Coruña

Seiscentas actrices e actores participaron no certame, organizado pola Deputación da Coruña e o IES Rosalía Mera desde hai 24 anos

Entregouse un premio de honra póstumo a Gelines Patiño

O Teatro Colón acolleu a gran festa do Teatro Escolar e Afeccionado da provincia da Coruña

O Teatro Colón acolleu onte á noite a gala de clausura e entrega de premios da XXIV edición do Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña.

Máis de 50 obras e case 600 actores e actrices de todas as idades, desde as categorías infantís ás senior, pasaron polas táboas do teatro do IES Rosalía Mera ao longo dos últimos tres meses de duración do certame, que culminaron cunha gran festa de entrega de galardóns nas diferentes categorías.

As principais obras premiadas foron "Asamblea de animales", do CPR Liceo La Paz (Benxamín); "Las siete puertas de Tebas", da compañía Atticus do CEIP de Tarrío (Infantil), "Irmás", da Escola Galega de Teatro Musical (Cadete); "A raíña sen trono", de Arjé Teatro (Xuvenil) e "España con honra, España sen rei!" da Escola Galega de Teatro Musical (Senior). Houbo tamén premios para os mellores actores e actrices en diferentes categorías e para a mellor dirección artística.

A gala estivo conducida por Miguel Canalejo e amenizada pola compañía Malabarian on the Rox e a Escola Galega de Teatro Musical. A entrega dos premios correu a cargo de actores e actrices premiados en anteriores edicións, membros do xurado e profesionais do mundo do teatro e do audiovisual galego como Isabel Naveira e Carlos Villarino.

O acto tamén contou coa presenza do deputado de Cultura, Xurxo Couto, que fixo entrega do premio de honra póstumo a Gelines Patiño. O galardón foi recibido por unha representación do seu alumnado de teatro.

PREMIOS DA XXIV EDICIÓN DO CERTAME DE TEATRO ESCOLAR E AFECCIONADO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

MELLOR ACTUACIÓN DE REPARTO

- CATEGORÍA BENXAMÍN:
NOMEADOS:
• "Daniella Dámico iglesias" por "Pedro Y El Lobo"
• "Ana Valle Suárez" por "Pedro Y El Lobo"
• "Sofía Nosa Khare Mamoh" por "Pedro Y El Lobo"
• "Carmen Cal Vidal" por "Pedro Y El Lobo"

- PREMIO "Daniella Dámico Iglesias" por "Pedro Y El Lobo"

- CATEGORÍA INFANTIL:
NOMEADOS:

• "Francisco Manuel Vilamea Naveira" por "Quiero Ser Artista"
• "Xoán Sande Seoane" por "Contos Do Cabaret"
• "Carla Pombo Cabo" por "Contos Do Cabaret"
• "Sofía Chousa Pardo" por "Contos Do Cabaret"
• "Aldara Sande Seoane" por "Contos Do Cabaret"

- PREMIO: "Xoán Sande Seoane" por "Contos Do Cabaret"

- CATEGORÍA CADETE:
NOMEADOS:

• "Alexandra Pájaro Iglesias" por "Solo De Triángulo En Re Menor. 2º Movemento. 3ª Parte. Allegro (Pero Non Tanto)"
• "Ame Aneiros Falcón" por "Irmáns"
• "Olaia Castro Souto" por "Las Víctimas De Troya"
• "Victoria Ramírez Dos Santos" por "Las Víctimas De Troya"
• "Soraya De Abreu Eijo" por "Las Víctimas De Troya"

- PREMIO: "Ame Aneiros Falcón" por "Irmáns"

- CATEGORÍA XUVENIL:
NOMEADOS:

• "Silvia Calvo Cendán" por "A Raíña Sen Trono"
• "Eva Martínez Miguélez" por "A Raíña Sen Trono"
• "Mariña Castro Souto" por "Medea"
• "Xiana Souto Regueiro" por "Medea"
• "Jana Tort López" por "Medea"
• "Carmen Figueroa López" por "Medea"

- PREMIO: "Eva Martínez Miguélez" por "A Raíña Sen Trono"

- CATEGORÍA SENIOR:
 NOMEADOS:

• "Emilio Salgado Freire " por "España con honra, España sen rei!"
• "Elena Couto" por "Río Bravo"
• "Mª Inmaculada Fandiño Souto" por "España con honra, España sen rei!"
• "Juan Luis Filgueiras Rilo" por "El Sorteo de Cásina"
• "José García Romero" por "A Peregrinaxe"

- PREMIO: "Mª Inmaculada Fandiño Souto" por "España con honra, España sen rei!"

MELLOR DIRECCIÓN ARTÍSTICA

- CATEGORÍA BENXAMÍN: "Asamblea De Animales" CPR Liceo La Paz
- CATEGORÍA INFANTIL: "Aulularita (La Comedia De La Ollita)" Noitiña De Asociación Cultural Noite Bohemia
- CATEGORÍA CADETE: "Irmás" Escola Galega De Teatro Musical - Compañía Infantil
- CATEGORÍA XUVENIL: "A Raíña Sen Trono" Arjé Teatro
- CATEGORÍA SENIOR: "España con honra, España sen rei!" Escola Galega De Teatro Musical - Compañía Afeccionada

MELLOR ACTUACIÓN

- CATEGORÍA BENXAMÍN:
NOMEADOS: NESTA CATEGORÍA NON HAI.
- PREMIO: "Elena Rodríguez Vega" por "A Costureiriña Valente"

- CATEGORÍA INFANTIL:
NOMEADOS:

• "Clara Doldán Martínez" Por "Intensa-Mente"
• "Alicia Romero Prado" Por "Contos Do Cabaret"
• "Jorge Samuel Lumbreras Santos" Por "Las Siete Puertas De Tebas"
• "Antía Liñera Guillén" Por "El Principito"
• "Sabela Fernández Souto" Por "Aulularita (La Comedia De La Ollita)"

- PREMIO: "Jorge Samuel Lumbreras Santos" Por "Las Siete Puertas De Tebas"

- CATEGORÍA CADETE:
 NOMEADOS:

• "Nuria Sanmantín Pastoriza" Por "Irmás"
• "Antonio Canosa Muñoz" Por "Dos Ñaques Para Un Piojo"
• "Renata Pía Rial" Por "Dos Ñaques Para Un Piojo"
• "Alex Atán Salanova" Por "Dos Ñaques Para Un Piojo"
• "Emma María Sterjo Martínez De Osaba" Por "Las Víctimas De Troya"

- PREMIO: "Antonio Canosa Muñoz" Por "Dos Ñaques Para Un Piojo"

- CATEGORÍA XUVENIL:
NOMEADOS:

• "Juan Luis Filgueiras Rilo" por "La Estanquera De Los Mallos"
• "Alicia Martínez Ansede" por "La Casa De Bernarda Alba"
• "Mencía Platas Varela" por "A Raíña Sen Trono"
• "Elisa Lema Gómez" Por "Sincronizadas"
• "Martina Lobo Roca" por "Medea"

- PREMIO: "Mencía Platas Varela" por "A Raíña Sen Trono"

- CATEGORÍA SENIOR:
NOMEADOS:

• "Carmen Suárez Gómez" por "Las Troyanas"
• "Abel Caballero Campos" por "El sorteo de Cásina"
• "Marco Álvarez Rodríguez" por "A Peregrinaxe"
• "Román Martínez Placer" por "Vaia idiotas"
• "Santiago Labordeta Muíños" por "Xeral Prim"
• "Virtudes Quintian Tizón" por "Refacho"

- PREMIO: "Marco Álvarez Rodríguez" por "A Peregrinaxe"

PREMIO DE HONRA

GELINES PATIÑO IGLESIAS

MELLOR OBRA BENXAMÍN

- 5º PREMIO: DESERTO.
- 4º PREMIO: "¿A Qué Sabe La Luna?" Teatro Infantil Activa - Ceip Eusebio Da Guarda
- 3º PREMIO: "Pedro Y El Lobo" Grupo Faragullas Do Ceip Ponte Dos Brozos
- 2º PREMIO: "A Costureiriña Valente" Grupo Patacón Da Escola De Teatro Melandrainas
- 1º PREMIO: "Asamblea De Animales" CPR Liceo La Paz

MELLOR OBRA INFANTIL

- 5º PREMIO: "Quiero Ser Artista" Broadway Kids - Ceip Eusebio Da Guarda
- 4º PREMIO: "El Principito" CPR Liceo La Paz
- 3º PREMIO: "Contos Do Cabaret" Escola Galega De Teatro Musical - Colexio Santo Domingo
- 2º PREMIO: "Aulularita (La Comedia De La Ollita)" Noitiña De Asociación Cultural Noite Bohemia
- 1º PREMIO: "Las Siete Puertas De Tebas" Compañía Attius Do Ceip De Tarrío

MELLOR OBRA CADETE

- 5º PREMIO: "Finlandia" Grupo De Teatro Do IES Agra Do Orzán
- 4º PREMIO: "La Abuela De Fede" Grupo Comedy2 Da Escola De Teatro Melandrainas
- 3º PREMIO: "Dos Ñaques Para Un Piojo" Telón De Aquiles, Ies Monte Das Moas
- 2º PREMIO: "Las Víctimas De Troya" Abrente De Asociación Cultural Noite Bohemia
- 1º PREMIO: "Irmás" Escola Galega De Teatro Musical - Compañía Infantil

MELLOR OBRA XUVENIL

- 5º PREMIO: "Sincronizadas" Farándula Velutina
- 4º PREMIO: "As Visitas" Grupo Es3ha2 Da Escola De Teatro Melandrainas
- 3º PREMIO: "La Casa De Bernarda Alba" Asociación Cultural Noite Bohemia
- 2º PREMIO: "Medea" Asociación Cultural Noite Bohemia
- 1º PREMIO: "A Raíña Sen Trono" Arjé Teatro

MELLOR OBRA SENIOR

- 5º PREMIO: "Vaia idiotas" Damecuerdaqueteatro
- 4º PREMIO: "A Peregrinaxe" Grupo de Teatri Badius
- 3º PREMIO: "El Sorteo De Cásina" Corzo Producciones
- 2º PREMIO: "FATUM" O Catre Teatro
- 1º PREMIO: "España Con Honra, España Sen Rei!" Escola Galega De Teatro Musical - Compañía Afeccionada