Estás en:Novas

Clausura da Escola de Verán do Ministerio Fiscal en Mariñán

O Fiscal Xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, e o deputado José Ramón Rioboo clausuraron a Escola de Verán que abordou o Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal

Clausura da Escola de Verán do Ministerio Fiscal en Mariñán

O Pazo de Mariñán acolleu hoxe a clausura da edición 2023 da Escola de Verán do Ministerio Fiscal. Un acto que contou coa asistencia do Fiscal Xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, o delagado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor.

Durante os últimos tres días, fiscais procedentes de todo o territorio español reuníronse no pazo bergondés para abordar cuestión relacionadas co Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal, do que Rioboo destacou "a súa contribución á defensa da legalidade e o Estado de Dereito".

Nos diferentes relatorios e mesas redondas participaron fiscais do Tribunal Supremo e de distintas fiscalías do Estado español, así como maxistrados e xornalistas

Dende principios da década de 2000, a Escola de Verán é unha aposta conxunta da Deputación da Coruña, a Consellería de Xustiza da Xunta de Galicia, a Fiscalía Xeral do Estado e o Centro de Estudos Xurídicos. Este esforzo conxunto entre diferentes administracións e o Ministerio Fiscal permite afondar en cuestións de actualidade e crear un diálogo constante entre os fiscais do noso país.