Estás en:Novas

Formoso asistiu en Santiago ao acto de entrega das Medallas Castelao

O empresario Lino de Prado, o oncólogo Rafael López, a escritora Ledicia Costas, a banda de rock Siniestro Total e a atleta Susana Rodríguez Gacio, galardoados este ano

Formoso asistiu en Santiago ao acto de entrega das Medallas Castelao

Formoso con Julián Hernández, de Siniestro Total, e o delegado do Goberno en Galicia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asistiu hoxe en Santo Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela) ao acto oficial de entrega das Medallas Castelao, que este ano recaeron no empresario Lino de Prado, o oncólogo Rafael López, a escritora Ledicia Costas, a banda de rock Siniestro Total e a atleta Susana Rodríguez Gacio.

Formoso destacou a traxectoria profesional dos premiados, que simbolizan "as mellores cualidades da Galicia actual" e deu os parabéns aos gañadores desta edición.

Antes do acto, Formoso trasladou o seu apoio á Asociación de Pacientes e usuarios do CHUS, que  se concentraron no exterior para denunciar os atrasos que acumulan as citas médicas de control de Oncoloxía.