Estás en:Novas

A Deputación e a Universidad Internacional Menéndez Pelayo asinan o convenio de colaboración para cofinanciar os cursos realizados na súa sede da Coruña durante o ano 2023

Realízanse un total de 10 cursos que versan sobre diferentes materias

A Deputación e a Universidad Internacional Menéndez Pelayo asinan o convenio de colaboración para cofinanciar os cursos realizados na súa sede da Coruña durante o ano 2023

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a directora da sede de Galicia da Universidad Menéndez Pelayo, María Jesús Lorenzo Modia, asinaron hoxe o convenio de colaboración para cofinanciar os cursos na sede da Coruña durante o ano 2023.

O importe total do proxecto ascende a 77.500 euros, dos que a entidade provincial achega 40.000 euros, que supón algo máis do 51 % do financiamento total.

Realizaranse un total de 10 cursos de disciplinas diferentes, que son os seguintes: "Retos tecnológicos de la inteligencia artificial"; "Locura, cordura y diversidad"; "Biodiversidad de un espacio natural gallego"; "Uso del big data en investigación social y política"; "Jornada formativa fisioterapia y readaptación en deporte"; "Informática forense y peritaje informático"; "Plantas medicinales de Galicia"; "Las bestias: mediación en el rural"; Actualización metodológica en la enseñanza de la danza clásica III e "Ciclo de conferencias", con varios autores por determinar.