Estás en:Novas

Máis de 15.000 atletas de todas as idades participaron no Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña

O club Atletismo Sar proclamouse vencedor das categorías absolutas feminina e masculina, mentres que o podium de menores estivo encabezado na categoría feminina polo club de atletismo Noia e a masculina polo Natación Ribeira

Rocío Alvite Fereriro (Club Atletismo Sar) e Amador Pena (SD Compostela), gañadores nas categorías absolutas feminina e masculina

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, participou hoxe na entrega de premios e destacou a gran participación que rexistraron as 30 carreiras

A Deputación e a Federación Galega de Atletismo traballan xa na 9ª edición do Circuíto, que contará con 35 carreiras

Máis de 15.000 atletas de todas as idades participaron no Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña

A deputada de Deportes en funcións da Deputación da Coruña, Cristina Capelán, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, e o deputado provincial e alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, participaron esta  tarde no Pazo de Vilaboa (Culleredo) no acto de entrega dos premios do VIII Circuíto Provincial de Carreiras Populares.

A Deputación e Federación Galega de Atletismo colaboraron na organización das 30 carreiras do circuíto noutros tantos municipios coruñeses.

Entre os máis de 15.000 corredores que participaron nas carreiras, proclamáronse vencedores na categoría absoluta masculina Amador Pena (SD Compostela) e na feminina Rocío Alvite Fereriro (Club Atletismo Sar).

Foron premiados tamén outro medio centenar de atletas que obtiveron as mellores puntuacións nas diferentes categorías, desde benxamíns ata veteranos.

No pódium por equipos, o Club Atletismo Sar proclamouse vencedor tanto da categoría absoluta masculina como da feminina. A SD Compostela Atletismo clasificouse segunda na categoría masculina e feminina e a Asociación Deportiva Olimpia, terceira,

En canto ás categorías de menores, os galardóns para os equipos femininos foron para o Club de Atletismo Noia, Asociación Deportiva Olimpia e SD Compostela, mentres que os equipos masculinos gañadores foron Natación Ribeira, Asociación Deportiva Olimpia e SD Compostela Atletismo.

Cristina Capelán felicitou as gañadoras e gañadores e agradeceu a gran participación coa que contaron todas as carreiras, así como o extraordinario labor de organización e coordinación das probas que leva a cabo a Federación Galega de Atletismo, para posibilitar que no circuíto poidan participar o máximo número de concellos e de deportistas de todas as idades.

Capelán anunciou que a próxima edición do Circuíto de Carreiras Populares contará con 35 probas e que, desde a área de Deportes da Deputación, esperan incrementar os 15.000 participantes.

CATEGORÍA ABSOLUTA FEMININA

1.- RocioAlvite Ferreiro Club Atletismo Sar

2.- Elena Veres Ojea SD Compostela Atletismo

CATEGORÍA ABSOLUTA MASCULINA

1.- Amador Pena Torreira SD Compostela atletismo

2.- Manuel Castiñeira SD Compostela atletismo

CLUBS ABSOLUTO FEMININO

1.- Club Atletismo Sar 2687 puntos

2.-SD Compostela Atletismo 2219 puntos

3.- Asociación deportiva Olimpia 1145 puntos

CLUBS ABSOLUTO MASCULINO

1.-Club Atletismo Sar 4007 puntos

2.-SD Compostela Atletismo 1984 puntos

3.- Asociación deportiva Olimpia 972 puntos

CLUBS MENORES FEMININO

1.- Club Atletismo Noia 6055 puntos

2.-Asociación Deportiva Olimpia 3970 puntos

3.-SD Compostela Atletismo 2857 puntos

CLUBS MENORES MASCULINO

1.- Natación Ribeira 3145 puntos

2.- Asociación Deportiva Olimpia 2848 puntos

3.- SD Compostela Atletismo 1961 puntos