Estás en:Novas

A Deputación da Coruña celebra o derradeiro pleno do actual mandato

Formoso agradeceu o traballo da corporación saínte e dos traballadores para facer da Deputación unha referencia "de estabilidade poliítica, xestión de calidade e implicación nos asuntos que lle importan á cidadanía"

O pleno de constitución da nova corporación provincial celebrarase o martes 18 de xullo

A Deputación da Coruña celebra o derradeiro pleno do actual mandato

A Deputación da Coruña celebrou hoxe o derradeiro pleno do actual mandato.

O presidente en funcións, Valentín González Formoso, agradeceu o traballo da corporación e os traballadores e traballadoras da institución para facer da Deputación unha referencia "de estabilidade poliítica, xestión de calidade e implicación nos asuntos que lle importan á cidadanía" durante un mandato "especialmente duro" debido á pandemia, que supuxo "unha reinvención dos orzamentos e un importante esforzo" para atender as necesidades que xurdiron.

A sesión constitutiva da nova corporación provincial terá lugar o vindeiro martes, 18 de xullo, ás 12.00 horas.