A Deputación da Coruña contará con dez áreas de goberno
O pleno aproba por unanimidade a proposta de organización do goberno provincial, que incorpora novas áreas como Industria, Política Demográfica, Mar e Medio Rural, Comercio e Cadea Agroalimentaria ou Avance Dixital
Xosé Regueira seguirá sendo o vicepresidente do goberno provincial
O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe a proposta de organización do goberno provincial para o funcionamento da institución no mandato 2023-2027. Todos os puntos da orde da día foron aprobados por unanimidade.
O goberno provincial estará conformado polo PSOE e o BNG e presidido por Valentín González Formoso (PSOE), tras pacto de goberno asinado por ambas formacións políticas. Xosé Regueira Varela (BNG) será de novo o vicepresidente do goberno provincial.
O pleno aprobou a creación de dez comisións informativas, unha máis que no anterior mandato, que estarán presididas polos seguintes deputados/as:
1. Deputado de Facenda, Recursos Humanos e Avance Dixital. José Ramón Rioboo Castro (PSOE)
2. Deputada de Política Social, Educación e Mocidade: María del Mar García Vidal (PSOE). Delegación especial en materia de Educación e Mocidade: Eudoxia María Neira Fernández (PSOE)
3. Deputada Sectores Produtivos: Mar e Medio Rural: Cristina Capelán Cancelo (PSOE)
4. Deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios. Cristina García Rey (BNG)
5. Deputado de Promoción Turística, Artesanía, Comercio e Cadea Agroalimentaria: Xosé Regueira Varela (BNG)
6. Deputada de Infraestruturas Viarias e Obras Provinciais: Mónica Rodríguez Ordóñez (PSOE)
7. Deputada de Cultura, Igualdade, Lingua e Dereitos Civís: Natividad de Jesús González Rodríguez (BNG). Delegación especial en materia de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís: María Soledad Agra Tuñas (BNG)
8. Deputado de Contratación, Patrimonio e Equipamento. Xosé Penas Corral (BNG)
9. Deputada de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica: Rosa Ana García López (PSOE)
10. Deputado de Deportes. Antonio Leira Piñeiro (PSOE)
As delegacións xenéricas que se outorgan comprenden, no ámbito das áreas asignadas, a dirección, inspección e impulso de obras e servizos, así como a execución das disposición de carácter xeral e dos actos e acordos dos órganos de goberno, coidando da súa publicación e podendo recabar para tales tarefas os asesoramentos técnicos necesarios. Atribúese aos deputados delegados a facultade de asinar os protocolos e convenios relativos ás materias delegadas.
As comisións reuniranse unha vez ao mes e estarán integradas por doce deputados/as, dos cales cinco pertencerán ao Grupo Popular, catro ao Grupo Provincial Socialista, dous ao Grupo do BNG e un de Alternativa dos Veciños.
Portavoces dos grupos políticos
Os e as portavoces dos diferentes grupos políticos no Pleno, que seguirá celebrándose con periodicidade mensual o último venres de cada mes serán: Evaristo Ben Otero (PP), Bernardo Fernández Piñeiro (PSOE), Avia Veira González (BNG) e Ángel García Seoane (AV)
Xunta de Goberno e pleno
A Xunta de Goberno reunirase o primeiro e o terceiro venres de cada mes e estará integrada polo presidente, Valentín González Formoso (PSOE) e os dez deputados seguintes: Xosé Regueira Varela (vicepresidente.BNG), Bernardo Fernández Piñeiro (PSOE), José Ramón Rioboo Castro (PSOE), Antonio Leira Piñeiro (PSOE), Mónica Rodríguez Ordóñez (PSOE), Rosa Ana García López (PSOE), María del Mar García Vidal (BNG), Cristina García Rey (BNG), Natividad de Jesús González Rodríguez (BNG) e Xosé Penas Corral (BNG).
As sesións plenarias ordinarias celebraranse con periodicidade mensual, o último venres de cada mes ás 12 horas.
Réxime de retribucións e indemnizacións
O presidente pasa dunhas retribucións anuais brutas de 77.394 euros a 80.000 €, mentres que as do vicepresidente pasan de 68.171 euros a 72.369,75 euros anuais. Os deputados con dedicacións exclusivas terán unhas retribucións de 69.441,14 euros brutos ao ano.
O pleno aprobou un total de 17 dedicacións exclusivas, as mesmas que no anterior mandato (incluíndo as do presidente e o vicepresidente) por un importe bruto total de 1.193.986,85 euros anuais.
As indemnizacións por asistencia a pleno seguirán sendo de 591 euros, mentres que as das comisións informativas e Xunta de Goberno serán de 370 euros, igual que no anterior mandato. Cando coincida no mesmo día máis dunha sesión dos órganos colexiados terán dereito a percibir unha soa asistencia.
O pleno aprobou tamén un total de 27 postos de persoal eventual.
Nomeamento de representantes da Deputación en organismos
O pleno aprobou tamén o nomeamento dos representantes da Deputación en diferentes organismos, segundo o seguinte cadro:
ORGANISMO | REPRESENTANTE/S |
AFIGAL | Dna. MARÍA DEL MAR GARCÍA VIDAL |
BIBLIOTECA DO REAL CONSULADO | Dna. NATIVIDAD DE JESÚS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ |
COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A XUNTA DE GALICIA, A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS E AS DEPUTACIÓNS PROVINCIAIS EN MATERIA DE EMERXENCIAS E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS, PARA A CREACIÓN E IMPLANTACIÓN DOS GRUPOS DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAIS | D. JOSÉ RAMÓN RIOBOO CASTRO |
COMISIÓN GALEGA DE COOPERACIÓN LOCAL | D. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO |
COMISIÓN GALEGA DE PROTECCIÓN CIVIL |
Dna. CRISTINA CAPELÁN CANCELO |
COMISIÓN INSTITUCIONAL NO MARCO DO PROTOCOLO DE COLABORACIÓN DE DESENVOLVEMENTO DO PACTO LOCAL PARA A XESTIÓN DO CICLO URBANO DA AUGA ENTRE A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS E A XUNTA DE GALICIA | Dna. MARÍA DEL MAR GARCÍA VIDAL |
COMISIÓN PROVINCIAL DE COLABORACIÓN DO ESTADO COAS CORPORACIÓNS LOCAIS | D. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO |
COMISIÓN PROVINCIAL DE VIOLENCIA DE XÉNERO DA CORUÑA | Dna. MARIA SOLEDAD AGRA TUÑAS |
XUNTA CONSULTIVA DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO E URBANISMO
| D. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO |
CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE PORTOS DE GALICIA | D. BERNARDO FERNÁNDEZ PIÑEIRO |
CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE XESTUR, S.A. | D. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO |
COMISIÓN MUNICIPAL DO DEPORTE DA CORUÑA | D. ANTONIO LEIRA PIÑEIRO |
CONSELLO REITOR DA AXENCIA TURISMO DE GALICIA | D. XOSÉ REGUEIRA VARELA |
CONSELLO TERRITORIAL DA PROPIEDADE INMOBILIARIA DA CORUÑA CAPITAL E PROVINCIA | D. JOSÉ MANUEL LAGE TUÑAS |
CONSORCIO DO DEPÓSITO FRANCO DO PORTO DA CORUÑA | D. BERNARDO FERNÁNDEZ PIÑEIRO D. JOSÉ MANUEL LAGE TUÑAS D. ANTONIO LEIRA PIÑEIRO |
CONSORCIO PROVINCIAL DA CORUÑA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO | D. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO D. XOSÉ PENAS CORRAL D. JOSÉ RAMÓN RIOBOO CASTRO |
CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA (Comité Provincial) | Dna. ROSA ANA GARCÍA LÓPEZ |
FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS | D. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO |
FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS | D. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO |
FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE | Dna. MARIA DEL MAR GARCÍA VIDAL |
FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA | D. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO |
FUNDACIÓN ESCOLA UNIVERSITARIA DE RELACIÓNS LABORAIS DA CORUÑA (Padroado) | Dª CRISTINA CAPELÁN CANCELO |
FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL | Dna. NATIVIDAD DE JESUS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ |
FUNDACIÓN EXPONAV | D. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO |
FUNDACIÓN GALICIA – EUROPA | D. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO |
FUNDACIÓN GONZALO LÓPEZ ABENTE | Dna. NATIVIDAD DE JESUS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ |
FUNDACIÓN GONZALO TORRENTE BALLESTER | Dna. NATIVIDAD DE JESUS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ |
FUNDACIÓN PRIVADA DEMOCRACIA Y GOBIERNO LOCAL | D. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO |
FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO | Dna. NATIVIDAD DE JESUS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ |
FUNDACIÓN TERRA DE TRASANCOS | Dna. ROSA ANA GARCÍA LÓPEZ |
FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DA CORUÑA – FUAC | D. JOSÉ MANUEL LAGE TUÑAS |
INSTITUTO FEIRAL DA CORUÑA (IFECO) | D. JOSÉ MANUEL LAGE TUÑAS D. JOSÉ RAMÓN RIOBOO CASTRO |
MESA POLA MOBILIDADE SUSTENTABLE DA CORUÑA
| Dna. MARIA DEL MAR GARCÍA VIDAL |
MESA PROVINCIAL DE COMERCIO LOCAL | D. XOSE REGUEIRA VARELA |
MUSEO ARQUEOLÓXICO DO CASTELO DE SAN ANTÓN | Dna. NATIVIDAD DE JESUS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ |
MUSEO DO POBO GALEGO
| Dna. NATIVIDAD DE JESUS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ |
PARQUE NATURAL COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN | Dna. MARIA SOLEDAD AGRA TUÑAS |
PARQUE NATURAL DAS FRAGAS DO EUME | Dna. MARIA DEL MAR GARCÍA VIDAL |
PARQUE NATURAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS | D. XOSÉ REGUEIRA VARELA |
RED ESPAÑOLA DE TURISMO INDUSTRIAL (RETI) | D. XOSÉ REGUEIRA VARELA |
REDE DE ENTIDADES LOCAIS PARA O DESENVOLVEMENTO LOCAL (REDES) | Dna. MARIA DEL MAR GARCIA VIDAL |
RESERVA DA BIOSFERA “MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO | Dª CRISTINA CAPELÁN CANCELO D. BERNARDO FERNÁNDEZ PIÑEIRO D. XOSÉ REGUEIRA VARELA D. JOSÉ RAMÓN RIOBOO CASTRO |
SECCIÓN DE EELL CON AGUAS MINERALES Y TERMALES DE LA FEMP | D. XOSÉ REGUEIRA VARELA |