Estás en:Novas

A Deputación destina 3,7 millóns de euros a fortalecer o tecido empresarial nos concellos da provincia

Apoiarase a 491 negocios a través de subvencións para a adquisición e mellora de aplicacións informáticas, maquinaria, mobiliario e equipos para procesos de información

A contía das axudas oscila entre os 2.450 e os 17.500 euros

Os concellos da Coruña, Santiago de Compostela e Teo son os que contan cun maior número de beneficiarios

A Deputación destina 3,7 millóns de euros a fortalecer o tecido empresarial nos concellos da provincia

A Deputación da Coruña publicou este mércores, 16 de agosto, no Boletín Oficial da Provincia a aprobación da concesión definitiva de subvencións correspondentes ás axudas para a consolidación e o fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio aos investimentos en bens inventariables do PEL Emprende investimento 2023.

Destinaranse un total de 3.763.486 euros para apoiar a 491 negocios de toda a provincia na compra de maquinaria, aplicacións informáticas, mobiliario e equipos para procesos de información.

En canto á tipoloxía das entidades beneficiarias, o 77,39% son profesionais autónomos/as con 380 solicitudes concedidas. Ademais, un 31,36% dos beneficiarios realizan a súas actividades económicas en sectores estratéxicos, emerxentes e de alto potencial en Galicia.

Sinalar que 189 beneficiarios/as teñen o seu domicilio fiscal en concellos de 5.001 ata 10.000 habitantes (o que representa o 38,49% do total) e 88 en concellos con poboación maior ou igual a 20.000 habitantes (o que representa o 17,92%).

Os datos mostran que os criterios valorables establecidos na convocatoria son efectivos á hora de favorecer ás persoas autónomas, así como aos concellos máis rurais da provincia, cun 64,56% dos beneficiarios en concellos de menos de 10.000 habitantes.

A través desta liña concreta de axudas, a entidade provincial quere facilitar a posta en marcha de novos proxectos empresariais innovadores, así como tamén apoiar aos xa existentes, co fin de estimular e impulsar a recuperación do tecido empresarial, fomentando o desenvolvemento equilibrado do territorio e favorecendo a creación de emprego a través da creación de empresas.

Ligazón ao BOP coa resolución das axudas:

BOP nº 155, do16 de agosto de 2023

O PEL como motor de emprendemento na provincia

A Deputación, a través do Plan de emprego local pretende amosar o seu apoio ao tecido empresarial da provincia, co obxectivo de acadar uns maiores niveis de desenvolvemento económico, de calidade no emprego, de benestar social e de cohesión do territorio.

Estas axudas teñen como finalidade promover un modelo económico que favoreza a capacidade creativa e emprendedora na provincia así como o sostemento dos negocios como fonte de riqueza e como elemento esencial para o crecemento, a mellora da competitividade e a modernización do tecido produtivo galego.

O Plan de emprego local constitúe unha estratexia integrada de cooperación para o desenvolvemento que ten como principal obxectivo fixar poboación nos concellos da provincia e contribuír a un crecemento sostible neles promovendo a creación de emprego estable e de calidade a nivel local e facilitando a empregabilidade das persoas en situación de desemprego, especialmente no ámbito rural.

Táboa de subvencións por comarcas e concellos

BARBANZA

SOLICITUDES CONCEDIDAS

IMPORTE CONCEDIDO

BOIRO

11

120.184,79 €

CARNOTA

4

40.131,28 €

MAZARICOS

6

49.322,00 €

MUROS

7

57.305,62 €

NOIA

14

105.509,26 €

OUTES

6

70.427,18 €

POBRA DO CARAMIÑAL, A

10

52.555,01 €

RIANXO

4

43.288,02 €

RIBEIRA

2

11.724,91 €

BARBANZA

64

550.448,07 €

FERROL

SOLICITUDES CONCEDIDAS

IMPORTE CONCEDIDO

ARES

2

10.966,04 €

CABANAS

5

31.226,25 €

CAPELA, A

2

27.090,00 €

CARIÑO

3

10.133,79 €

CEDEIRA

3

15.694,84 €

CERDIDO

1

13.545,00 €

FENE

5

51.074,82 €

FERROL

7

45.524,89 €

MONFERO

1

3.535,00 €

MUGARDOS

2

18.900,00 €

NARÓN

3

8.377,41 €

NEDA

4

24.106,87 €

ORTIGUEIRA

2

10.908,79 €

PONTEDEUME

4

25.594,03 €

PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, AS

7

70.728,87 €

SAN SADURNIÑO

1

3.861,90 €

VALDOVIÑO

5

39.313,58 €

VILARMAIOR

3

34.999,05 €

FERROL

60

445.581,13 €

CARBALLO

SOLICITUDES CONCEDIDAS

IMPORTE CONCEDIDO

CABANA DE BERGANTIÑOS

3

17.743,95 €

CAMARIÑAS

3

31.133,20 €

CARBALLO

3

17.886,25 €

CERCEDA

2

20.159,93 €

CEE

11

82.062,92 €

COIRÓS

3

40.320,00 €

CORCUBIÓN

1

15.715,00 €

CORISTANCO

4

35.018,31 €

DUMBRÍA

4

53.574,50 €

FISTERRA

12

80.868,37 €

LARACHA, A

2

25.200,00 €

LAXE

2

15.557,50 €

MALPICA DE BERGANTIÑOS

3

25.461,60 €

MUXÍA

5

44.129,85 €

PONTECESO

10

73.060,78 €

VIMIANZO

9

63.816,16 €

ZAS

6

26.001,61 €

CARBALLO

83

667.709,93 €

CORUÑA

SOLICITUDES CONCEDIDAS

IMPORTE CONCEDIDO

ABEGONDO

5

51.451,07 €

ARTEIXO

5

29.889,86 €

BERGONDO

6

46.832,11 €

BETANZOS

5

17.071,01 €

CAMBRE

2

6.352,61 €

CARRAL

5

16.782,22 €

CORUÑA, A

32

217.405,91 €

CULLEREDO

2

16.844,80 €

CURTIS

8

57.636,64 €

IRIXOA

2

18.900,00 €

MESÍA

2

20.293,00 €

MIÑO

7

59.960,01 €

OLEIROS

7

37.792,50 €

OZA-CESURAS

4

25.896,96 €

PADERNE

2

7.875,00 €

SADA

11

99.553,67 €

SOBRADO

2

26.001,21 €

CORUÑA

107

756.538,58 €

SANTIAGO

SOLICITUDES CONCEDIDAS

IMPORTE CONCEDIDO

AMES

11

84.220,64 €

ARZÚA

5

27.213,35 €

BAÑA, A

2

8.976,80 €

BOIMORTO

3

27.810,46 €

BOQUEIXÓN

9

98.104,02 €

DODRO

4

45.150,00 €

BRIÓN

1

14.399,00 €

FRADES

3

11.560,69 €

MELIDE

8

54.947,94 €

NEGREIRA

11

52.370,19 €

ORDES

8

73.198,12 €

OROSO

10

83.940,46 €

PADRÓN

6

48.281,10 €

PINO, O

5

51.036,03 €

ROIS

5

61.605,27 €

SANTA COMBA

12

118.084,76 €

SANTIAGO DE COMPOSTELA

24

125.372,83 €

SANTISO

2

15.438,60 €

TEO

22

125.016,64 €

TOQUES

1

16.243,50 €

TORDOIA

3

20.523,60 €

TOURO

2

7.967,55 €

TRAZO

8

64.514,44 €

VAL DO DUBRA

8

79.930,01 €

VEDRA

4

27.303,25 €

SANTIAGO

177

1.343.209,25 €

TOTAL PROVINCIA

491

3.763.486,96 €