Programa de lecturas no EBIBLIODACORUNACLUB
EbiblioDaCoruna Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán como de autores galegos, tendo en conta a actualidade, intereses e gustos dos participantes. É un club virtual de lectura da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña dirixido a todas as persoas lectoras usuarias das bibliotecas municipais da provincia da Coruña.
Presentamos o programa de lecturas para os meses de setembro a decembro de 2023. Agardamos que vos guste!
Para poder formar parte deste club de lectura virtual é preciso primeiro formar parte da biblioteca dixital EbiblioDaCoruna, que é a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para todas as bibliotecas públicas e municipais da provincia da Coruña. Podes solicitar a túa alta de balde premendo aquí.
Pertencer ao club lector non ten ningún custo, e está aberto a que poidas usalo as 24 horas do día os 365 días do ano.
Programa de lecturas setembro-decembro 2023
- 29 setembro - 20 outubro: "Al sur de la frontera, al oeste del sol" de Haruki Murakami
- 18 outubro - 16 novembro: "A praia dos afogados" de Domingo Villar
- 17 novembro - 8 decembro: "Orlando" de Virginia Woolf
- 4 decembro - 22 decembro: "Despoxos e vísceras ilustres" de María Xosé Queizán
Desde o propio club de lectura dixital podes prestar o libro e comentar, citar ou chatear co resto de participantes.
1. Entra no CLUB DE LECTURA DIXITAL https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es
2. Identifícate coas claves da EBiblioDaCoruna
3. Entra na sala correspondente ("Arredor dos libros" dedicado a escritores galegos, e "Compartiendo lecturas", no que se percorren libros de variada temática e de actualidade en castelán).
4. Presta o libro dentro do apartado Contido.
5. Desfruta da lectura e comenta e comparte cos teus compañeiros e compañeiras.
Se tes dúbidas ou non coñeces o EbiblioDaCorunaClub tes toda a info neste apartado da web ao que podes acceder premendo aquí.