Estás en:Novas

O Club Ría de Betanzos gaña o II Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña

Nesta derradeira regata, celebrada no lago das Pontes, participaron 300 deportistas de 10 clubs da provincia

Clbu Náutico Firrete e Cabanas KDM, segundo e terceiro na clasificación xeral

O Club Ría de Betanzos gaña o II Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña

O lago das Pontes acolleu esta mañá a proba final do 'II Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña', tras as cinco anteriores realizadas en Rianxo, Pontedeume, Ames, Miño e Outes durante o mes de agosto.

O Club Ría de Betanzos- Enzos Pizzería proclamouse gañador do circuíto, no que se clasificou en segunda posición o Club Náutico Firrete e en terceira posición o Cabanas KDM.

Nesta derradeira regata participaron 300 deportistas de 10 clubs da provincia nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín, que competiron en 1.500 metros; e infantil e cadete, cun percorrido de 3.000 metros.

O deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, e a concelleira de Deportes das Pontes, Elena López Seco felicitaron aos gañadores e gañadoras e entregaron os galardóns aos equipos tras unha animada xornada deportiva.