Estás en:Novas

A Deputación apoia a actividade de 17 agrupacións e asociacións de Protección Civil cunha liña de axudas de 75.000 euros

As subvencións permitirán financiar a adquisición de vestiario, equipamento técnico, bens necesarios para o desenvolvemento do seu traballo, ou accións formativas

A Deputación apoia a actividade de 17 agrupacións e asociacións de Protección Civil cunha liña de axudas de 75.000 euros

FOTO (ARQUIVO). Reunión do presidente con agrupacións de Protección Civil

A Deputación da Coruña dá apoio a 17 agrupacións e asociacións de Protección Civil da provincia no desenvolvemento das súas actividades a través dun investimento de 74.996,87 euros.

A concesión definitiva das axudas vén de publicarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP). As subvencións permitirán financiar a adquisición de vestiario, equipamento técnico, outros bens necesarios para o desenvolvemento das actividades, a posta en marcha de agrupacións ou accións formativas, entre outras.

As contías da axudas oscilan entre un mínimos de 2.200 euros e un máximo de 6.600 euros e beneficiarán aos equipos de Protección Civil dos concellos de Abegono, Betanzos, Camariñas, Carnota, Curtis, Muros, Muxía, Trazo, Vimianzo, Marazaricos, Carballo, Zas, Boiro e Cedeira, e a asociacións de agrupacións.

A deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, que tamén ten entre as súas atribucións o apoio a Protección Civil, destacou a importancia destas axudas "para manter unhas agrupacións que fan un traballo esencial nos municipios da nosa provincia" e puxo en valor a contribución da Deputación tanto para dotar de material ás agrupacións como para mellorar a formación dos voluntarios e voluntarias en cuestións como prevención e atención a urxencias e emerxencias, manexo de radio ou pilotaxe de drons.

Listaxe de entidades beneficiarias destas axudas:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/09/29/2023_0000007629.pdf