Estás en:Novas

A Deputación financia as obras de mellora das estradas de acceso ás parroquias de Cutián, Figueredo, Carrés e Probaos, en Oza-Cesuras

O presidente da Deputación e o alcalde asinaron o convenio mediante o que a Deputación financiará o 80% do custo das obras, que ascenden a 96.000 euros

A Deputación financia as obras de mellora das estradas de acceso ás parroquias de Cutián, Figueredo, Carrés e Probaos, en Oza-Cesuras

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Oza-Cesuras, Pablo González Cacheiro, asinaron o convenio

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Oza-Cesuras, Pablo González Cacheiro, asinaron na sede da institución provincial o convenio para o financiamento das obras de pavimentación e mellora das estradas de acceso ás parroquias de Cuitán, Figueredo, Carrés e Probaos.

As obras supoñen un investimento de 96.000 euros, dos que o 80% (76.800 €) serán financiados pola Deputación da Coruña e o 20% restante polo Concello de Oza-Cesuras.

Os traballos levaranse a cabo no tramo de estrada que conecta o concello de Abegondo, á altura de Cullergondo, coa estrada provincial DP 2602, na localidade e O Cha. A estrada, con 5 metros de ancho e dobre sentido de circulación, dá acceso ás citadas parroquias de Oza-Cesuras e conta na actualidade cun firme moi deteriorado.

O tramo ten unha lonxitude de 1.565 metros sobre os que se proxecta o estendido de 8.451 metros cadrados de mestura bituminosa en quente nunha capa de 5 cm de espesor.

Ademais, o proxecto contempla o pintado das marcas viais en ambas marxes da estrada e a instalación de dous sinais de stop nas intersecccións dos camiños con este vial principal e un sinal informativo ao inicio do tramo, no límite con Abegondo.