Estás en:Novas

A Deputación da Coruña participa no encontro da Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local (REDEL) celebrada en Donostia-San Sebastián

O encontro celebrado onte en San Sebastián contou coa representacion das 33 entidades asociadas a REDEL.
Na Asemblea Xeral da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local- REDEL ratificouse a incorporación da Deputación da Coruña á rede.

A Deputación da Coruña participa no encontro da Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local (REDEL) celebrada en Donostia-San Sebastián

A participación da Deputación da Coruña na Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local (REDEL) reafirma o compromiso da entidade provincial no fomento do desenvolvemento económico e social e na planificación do seu territorio.

A Rede de Entidades de Desenvolvemento Local -REDEL, xorde en 2007 como resposta á necesidade que existe de colaborar e traballar entre as axencias locais para ampliar os coñecementos adquiridos pola experiencia de cada socia/o e innovar e desenvolver proxectos conxuntamente, así como exercer un lobby dos intereses locais e provinciais.

Esta rede de entidades expertas en desenvolvemento local que traballa para a mellora continua das organizacións a través da reflexión, a xestión do coñecemento e a colaboración, buscando o recoñecemento e a posta en valor a nivel técnico e político do desenvolvemento local e a súa proxección a nivel internacional.

A Deputación da Coruña, a través do Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica, ten unha larga traxectoria no deseño, execución e xestión de programas e proxectos con especial incidencia no desenvolvemento socioeconómico da provincia, en especial aqueles relacionados co fomento do emprego e autoemprego, do espírito empresarial, a creación de empresas, a difusión da cultura emprendedora e, en definitiva, iniciativas de desenvolvemento local, xeradoras de emprego e crecemento socioeconómico.

Este servizo ten como obxectivo prioritario a consecución dunha provincia sostible e procura un desenvolvemento territorial e social equilibrado e a mellora permanente da calidade de vida da súa poboación, dando resposta ás súas necesidades e expectativas.

Na actualidade, o dito departamento executa e xestiona, entre outros, o Plan de Emprego Local que constitúe unha estratexia integrada de cooperación para o desenvolvemento sostible do territorio, que ten como principal obxectivo fixar poboación nos concellos da provincia e contribuír a un crecemento sostible destes promovendo a creación de emprego estable e de calidade a nivel local e facilitando a empregabilidade das persoas en situación de desemprego, especialmente no ámbito rural.

Como froito desta adhesión, a Deputación da Coruña poderá reflexionar sobre aspectos clave do desenvolvemento para construír un modelo desde unha identidade común, recibir formación e intercambiar experiencias e coñecementos con outras administracións.

O encontro comezou o mércores, e tivo como anfitrión a Asociación Vasca de Axencias de Desenvolvemento (GARAPEN) socia da Rede estatal quen foi a encargada de organizar unha axenda completa en torno á gobernanza, a economía social, o talento e as industrias culturais e creativas