Estás en:Novas

A Deputación financia con 200.000 euros 20 bolsas para desenvolver proxectos de investigación

Vén de publicarse a concesión definitiva das axudas para proxectos de investigación artes e humanidades, ciencias, ciencias da saúde, ciencias sociais e xurídicas e enxeñaría e arquitectura.

A Deputación financia con 200.000 euros 20  bolsas para desenvolver proxectos de investigación

A Deputación da Coruña vén de publicar a concesión definitiva de 20 bolsas de 10.000 euros para  o desenvolvemento de proxectos de investigación en distintos ámbitos do coñecemento.
Un total de 20 persoas con titulación universitaria da provincia da Coruña poderán beneficiarse das axudas para financiar proxectos de investigación, coas que a Deputación pretende ofrecer apoio e oportunidades aos novos talentos coruñeses en diferentes ámbitos de investigación.

Os traballos desenvolveranse durante un período mínimo de nove meses e versarán sobre diferentes temáticas de artes e humanidades (5 bolsas), ciencias (4), ciencias da saúde (4), ciencias sociais e xurídicas e estudos de xénero (5) e enxeñaría e arquitectura (2).

A concesión pode consultarse en:


https://dacoruna.gal/educacion/bolsas#Investigacion

Bolsas de perfeccionamento artístico

A Deputación dedica ademais este ano outros 250.000 euros para financiar 25 bolsas de que permitirán a alumnos e alumnas de diferentes disciplinas artísticas completar a súa formación en centros de fóra de Galicia ou do estranxeiro en disciplinas como danza e artes do movemento (3 bolsas), ilustración, artes plásticas e visuais (4), música (12), audiovisual (3 bolsas) e teatro e interpretación escénica (3 bolsas).