Estás en:Novas

A Deputación da Coruña patrocina a III edición do Ecocamiño

A proba dispútase esta fin de semana nos municipios de Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa, O Pino e remata en Santiago de Compostela, seguindo o Camiño Francés

O deputado de Deportes, Antonio Leira, participou una presentación do evento e destacou que o evento permite practicar deporte e gozar do Camiño de Santiago

A Deputación da Coruña patrocina a III edición do Ecocamiño

A Deputación da Coruña patrocina a III edición do Ecocamiño, unha carreira que se celebra esta fin de semana e discorrerá polos municipios de Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa, O Pino, e rematará en Santiago de Compostela nas modalidades 110k e 48k.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, participou na presentación do evento en Melide xunto ao alcalde, José Manuel Pérez, e representantes dos distintos municipios polos que discorre a proba.

Leira destacou que o Ecocamiño "conta xa con máis de 300 participantes inscritos" e apuntou que o evento "é unha forma única de promocionar o trail running e o Camiño de Santiago, cunha ruta que permite practicar deporte ao aire libre e ao mesmo tempo gozar da riqueza patrimonial, natural, cultural e paisaxítica dos concellos do interior da provincia da Coruña".

"Cando o club deportivo UMTC nos fixo a proposta de colaborar non dubidamos en sumar forzas", afirmou Leira, que agradeceu "o importante traballo que hai detrás para organizar un evento deportivo deste nivel".