Estás en:Novas

O deputado de Deportes, Antonio Leira, destaca en Muros o apoio da Deputación ao deporte do remo

Leira reuniuse cos Clubs de Remo de Muros e Esteirana, que nos últimos anos recibiron axudas económicas da Deputación para a adquisición de embarcacións, un vehículo e material deportivo de adestramento

O deputado destaca que 624 entidades deportivas da provincia reciben este ano o apoio da Deputación

O deputado de Deportes, Antonio Leira, destaca en Muros o apoio da Deputación ao deporte do remo

O deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, visitou esta tarde o Club de Remo de Muros. Acompañado da alcaldesa, María Lago Lestón, e da primeira tenente de alcaldesa, Caridad González Cerviño, e o concelleiro de Deportes, Damán Torea, Leira mantivo un encontro con representantes das directivas do Club de Remo de Muros e Esteirana para coñecer a súa actividade e interesarse polas necesidades futuras de ambos clubs.

Ao remate da visita, Leira declarou que foi unha reunión "cordial e produtiva" nunha entidade que "conta cunha longa tradición no deporte do remo, o que se nota na afección que hai nesta vila e no número de mozas e mozas que o practican".

O deputado subliñou que, nos últimos tres anos, a Deputación destinou numerosos recursos para mellorar o equipamento dos clubs de remo muradáns, coa adquisición dun vehículo para uso deportivo, embarcacións, remolque para o transporte das embarcacións, así como distinto material deportivo para competicións de adestramento, entre outros.

Un apoio que, segundo explicou Leira, "fomenta o deporte do remo en Muros pero tamén chega a outras 624 entidades de todas as disciplinas deportivas e coas que a Deputación pretende situar o deporte da provincia da Coruña á vangarda do deporte galego".