Estás en:Novas

A Deputación da Coruña recoñece o traballo das redeiras como “colectivo imprescidible para a pesca galega”

A deputada de Emprego, Rosa Ana García, participou na entrega de galardóns e destacou as medidas postas en marcha polo Goberno de España para facilitar a xubilación anticipada deste colectivo

A Deputación da Coruña recoñece o traballo das redeiras como “colectivo imprescidible para a pesca galega”

A deputada de Emprego e Medio Ambiente, Rosa Ana García, participou esta noite na cidade da Coruña no acto organizado pola Federación Galega de Redeiras "O Peirao" para reivindicar, visibilizar e recoñecer o traballo deste colectivo de mulleres profesionais do mar.

No acto, Rosa Ana García destacou "o importante traballo que desenvolven as mulleres no mundo do mar, un labor moitas veces pouco visible, pero fundamental para un sector estratéxico en Galicia que é o sustento de miles de familias", apuntou.

A deputada puxo tamén en valor as medidas postas en marcha polo Goberno de España para facilitar a xubilación anticipada deste colectivo e participou na entrega de recoñecementos a redeiras xubiladas das asociacións de Cangas, Cariño, Cedeira, Malpica e Porto do Son.