O presidente da Deputación da Coruña asistiu en Lugo á celebración do Día do Veciño
Organizada pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo baixo o lema "A Forza da Veciñanza", reuniu a 5.000 persoas no Pazo de Feiras da cidade
Formoso entregou os premios V de Veciño á alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e ao deputado lucense Pablo Rivera Capón
![O presidente da Deputación da Coruña asistiu en Lugo á celebración do Día do Veciño](/files/cache/00b52e46339ade8f6b77bae730dcd71e_f61382.jpg)
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asistiu hoxe no Pazo de Feiras de Lugo á celebración do Día do Veciño, unha cita anual organizada pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo que reuniu a unhas 5.000 persoas de entidades veciñas dos concellos de toda a provincia.
Xunto ao presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, Formoso entregou algúns dos galardóns "V de Veciño", entre eles os que recibiron a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e o deputado provincial lucense Pablo Rivera Capón.
O presidente agradeceu á Federación de Asociacións Veciñais de Lugo a invitación a participar no evento e destacou a importancia de contar con asociacionismo veciñal activo e forte.