Estás en:Novas

A Deputación asina un convenio coa USC para o proxecto “A Economía Galega. Informe 2022”

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, foi o encargado de asinar o acordo co reitor da USC, Antonio López

A entidade provincial subvenciona o programa cun investimento de 35.000€

A Deputación asina un convenio coa USC para o proxecto “A Economía Galega. Informe 2022”

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, asinou un convenio co reitor da Universidade de Compostela, Antonio López, para a colaboración entre ambas as dúas institucións no programa "A Economía Galega. Informe 2022", subvencionado pola Deputación nun 70%, cun investimento de 35.000€.

Este proxecto consiste na elaboración dun informe anual sobre a economía galega no que se realiza un amplo e minucioso estudo sobre a dinámica recente e os problemas socioeconómicos da nosa comunidade.

Elaborado polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), analiza o mercado de traballo, o eido agrario, a pesca, a industria, a construción, os servizos e os sectores turístico, financeiro, público e exterior.

"A USC ofrece, a través deste informe, unha fotografía completa e rigorosa do contexto económico de Galicia" sinala Regueira. "Por iso, dende a Deputación colaboramos con esta iniciativa que contribúe ao progreso e a mellora socioeconómica do país".

Coa sinatura deste convenio, a entidade provincial cumpre o seu obxectivo de apoiar ao sector académico para a investigación, educación e divulgación sobre os diferentes ámbitos de interese para a sociedade galega.