Estás en:Novas

A Deputación da Coruña informa aos concellos do seu plan antifraude para xestionar os fondos Next Generation

A Coruña acolleu hoxe unha xornada informativa sobre o plan Premadecor ao que xa están adheridos 55 concellos coruñeses

Rioboo destaca "a importancia de reforzar a transparencia e os mecanismos de bo goberno" na xestión dos fondos europeos

Subliña a instalación do centro NEXT-Deputación na Capela, a primeira oficina de Galicia que ofrece apoio técnico aos concellos para a captación dos fondos europeos

A Deputación da Coruña informa aos concellos do seu plan antifraude para xestionar os fondos Next Generation

A Deputación da Coruña, en colaboración co Consello de Contas de Galicia, acolleu hoxe unha xornada informativa destinada aos concellos sobre o Plan Xeral de Prevención de Riscos e Medidas Antifraude (Premadecor) que ten o obxectivo principal de garantir unha adecuada xestión dos fondos europeos Next Generation.

A xornada foi inaugurada polo deputado de Economía e Facenda, José Ramón Rioboo, o conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, Simón Rego, a profesora de Dereito Administrativo da URV, Concepción Campos Acuña e o interventor adxunto da Deputación, Juan Bautista Suárez.

Rioboo destacou que 55 concellos da provincia xa están adheridos ao plan Premadecor e incidiu na importancia de "reforzar a transparencia e os mecanismos de bo goberno" na xestión dos fondos europeos, que representan unha oportunidade importante para o desenvolvemento dos concellos, singularmente en cuestións como a transición ecolóxica, a mobilidade ou a dixitalización.

O deputado subliñou Neste sentido, destacou que o goberno da Deputación puxo en marcha o centro NEXT Deputación, situado no Concello da Capela, para favorecer a captación e xestión de fondos europeos na provincia. "Trátase da primeira oficina destas características en España e o seu papel é dar apoio técnico aos municipios para que podan concorrer ás axudas europeas"