A Biblioteca da Deputación acolle a presentación dun libro sobre os 125 anos do colexio Eusebio da Guarda
A deputada de Educación, Yoya Neira, destacou que o Eusebio da Guarda é unha institución educativa moi vencellada á historia da cidade
![A Biblioteca da Deputación acolle a presentación dun libro sobre os 125 anos do colexio Eusebio da Guarda](/files/cache/c1f7b834df5fbc1826990b4e897b4ef7_f62294.jpg)
A Biblioteca da Deputación da Coruña acolleu hoxe a presentación do libro "Escolas da Guarda. 125 anos co ensino público".
Na presentación participou a deputada de Educación, Yoya Neira, a concelleira coruñesa Montserrat Paz, a ex directora do CEIP Eusebio da Guarda, Inma de lglesia e Mª Dolores Orellán, coordinadora editorial.
Yoya Neira felicitou as responsables do centro por estes 125 anos de historia "que tamén é parte importante da historia desta cidade", así como o traballo realizado para documentar a historia dun centro educativo no que se formaron varias xeracións de coruñeses e coruñesas e que segue sendo hoxe un referente do ensino público.
O libro, editado pola Imprenta provincial, repasa en fotografías, documentos e artigos a historia deste centro escolar.